Requisitos:
-Poderán concorrer ao concurso todas aquelas persoas de calquera nacionalidade que presenten os seus orixinais en lingua galega. Establécense tres categorías de participación:
-Infantil: ata 12 anos
-Xuvenil: de 13 a 17 anos
- Adulto: a partir de 18 anos
-A historia, en lingua galega, deberá desenvolverse na Cidade da Cultura de Galicia.
-Os traballos non excederán ás 10 páxinas (en branco/negro ou cor) mais a portada.
-O concurso está dotado cunha tableta gráfica por categoría.
-Os traballos presentados deberán enviarse en formato PDF a online@cidadedacultura.org Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , cun peso de arquivo de 10 MB como máximo.
-As pezas levarán o nome do autor, idade, enderezo e correo electrónico, e deberá incluír o seu documento de identidade escaneado.
-O prazo de presentación abrirase o venres 16 de marzo, coincidindo coa inauguración da exposición “Orixes do cómic en Galicia”, e finalizará o luns 14 de maio de 2012.
-A resolución terá lugar o luns día 11 de xuño, un día despois da exposición.
Os nomes dos gañadores daranse a coñecer na páxina web da Cidade da Cultura: http://www.cidadedacultura.org/