Convocatori Deputación Pontevedra

DOG 16 de outubro 2014

Convocatoria para cubrir varias prazas vacantes no cadro de persoal funcionario, incluídas na oferta de emprego público de 2014.

No Boletín Oficial da provincia nº 181, do 19 de setembro de 2014, publicáronse as bases xerais e específicas de varios procesos selectivos convocados para cubrir as seguintes prazas vacantes no cadro de persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra, incluídas na oferta de emprego público 2014:

– Unha praza de informático técnico de sistemas, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico superior, e integrada no grupo A1, por quenda de promoción interna.

– Unha praza de técnico de xestión de persoal, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico superior, e integrada no grupo A1, por quenda de promoción interna.

– Tres prazas de técnico de xestión, encadradas na escala de Administración xeral, subescala técnica, e integradas no grupo A2, por quenda de promoción interna.

– Unha praza de arquitecto técnico, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico medio, e integrada no grupo A2, por quenda de promoción interna.

– Sete prazas de administrativo, encadradas na escala de Administración xeral, subescala administrativa, e integradas no grupo C1, por quenda de promoción interna.

A presentación de solicitudes poderá efectuarse, ben no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra ben en calquera das formas establecidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, no prazo de vinte (20) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 22 de setembro de 2014