NOTA INFORMATIVA
Dentro do Plan de Emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais que a Deputación de Pontevedra ten aprobado para o exercicio 2019, o Concello de Barro solicitou a contratación de varios/as traballadores/as nas seguintes categorías:
-CONDUCTOR CAMIÓN, EN XERAL
-PEÓN DE TRANSPORTE, EN XERAL
-AXUDANTE ALBANEL
-MONITOR/A SOCIOCULTURAL
As contratacións faranse de forma escalonada ao longo do ano e os contratos terán unha duración mínima de seis meses cunha xornada laboral de 35 h/semanais e serán cofinanciadas pola Deputación de Pontevedra con cargo ao Plan Concellos 2019.