Concurso de curtas

Entidade: Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.
Web: www.curtasnarede.es
Prazo: aberto dende o 14 de febreiro de 2008 ata o 8 de setembro de 2008

Requisitos: a partir dos 15 anos en adiante, interesadas no mundo da creación audiovisual e multimedia.

Non poderán participar o persoal empregado das entidades organizadoras, colaboradoras e patrocinadoras, nin os seus familiares directos; tampouco poderán presentarse o persoal empregado nin os familiares directos de calquera empresa que participe baixo contrato na promoción ou na xestión técnica do concurso.

Inscripción: gratuíta e realízase a través do formulario na seguinte páxina web: www.curtasnarede.es.

Características das curtas:
Tipos: curtametraxe inédita que non poderá exceder os 5 minutos de duración e que deberá versar sobre as seguintes temáticas:
Inmigración, saúde e sexualidade, visións nosas / visións alleas (temática libre).
A maiores destas categorías, e coa mesma limitación en duración, ábrese a categoría de curtametraxes de animación. Esta categoría é de temática e xénero libre.
Tamén poderán participar na modalidade de micromovies. Nesta sección participarán traballos realizados coa cámara do teléfono móbil que non poderán exceder os 30 segundos de duración e de temática e xénero libre.

Para esta edición ábrese unha nova modalidade: as cápsulas. Estas non son máis que pezas curtas, cunha duración non superior aos 3 minutos, na que se establecen tres categorías: Cápsulas musicais, cápsulas promos e cápsulas de lingua.
O autor ou autora da curtametraxe deberá ter presente:

A curtametraxe non poderá exceder os cinco (5) minutos de duración, incluíndo os títulos de crédito. Non se admiten curtametraxes seriadas derivadas da primeira curta presentada.

A curtametraxe debe ser inédita. A participación en Curtas na Rede non impide a presentación destes traballos noutros concursos ou festivais mentres dure esta iniciativa.