COMPETENCIAS CLAVE

No ámbito laboral e para acceder ao mercado laboral, 

·Os certificados de profesionalidade son un instrumento de acreditación oficial para as cualificacións profesionais.

·Estes cualifican  segundo os requirimentos do mercado laboral.

·Teñen 3 niveis de cualificación profesional.

.A referencia é o Repertorio Nacional de Certificados de Profesionalidade que está estruturado en 26 familias profesionais con a súas  correspondentes áreas profesionais e niveis de cualificación.

Para  obter a  acreditación da   cualificación profesional  tes dúas vías:

- Realizar cursos  convocados y aprobados  pola Consellería de Traballo e Benestar dentro das accións formativas para a  formación para o emprego.

           A maioría da oferta formativa  actual é de cursos de certificados de profesionalidade

- Iniciar un proceso de recoñecemento da experiencia laboral (REXP) e vías non formais de formación na  Consellería de Traballo e Benestar.

Os requisitos formativos para poder cursar Certificados de profesionalidade están recollidos na seguinte normativa:

·         RD 189/2013, do 15 de marzo

·         Orde da Consellería de Traballo e Benestar do 7 de xaneiro 2014

o    Para nivel 1    Non hai requisitos

o    Para nivel 2    ESO o titulacións equivalentes

o    Para nivel 3     Bacharelato o titulacións equivalentes

 

Se non tes os requisitos formativos  tes as seguintes opcións:

-  Presentarte as probas de competencias clave convocadas pola  Dirección Xeral de Emprego e Formación.

- Acreditar un  certificado de profesionalidade cos seguintes  casos:

       Superar un certificado de nivel 1 que te permite cursar un certificado de nivel 2 da  mesma familia e área profesional.

       Superar un certificado de nivel 2 que te permite cursar un certificado de nivel 3 da  mesma familia e área profesional.

       Ter un certificado do mesmo nivel profesional.

- Superar un curso   de competencias clave  aprobado pola  Dirección Xeral de Emprego e  Formación.

No Diario Oficial de Galicia, publicase o día 15 de xaneiro de 2014 a nova Orde sobre competencias clave:

Orde do 7 de xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional e se regulan as probas de avaliación en competencias clave dentro das accións formativas de formación profesional para o emprego na Comunidade Autónoma de Galicia

O prazo para presentar a solicitude así como o calendario das probas, serán publicados no Diario Oficial de Galicia, mediante una Resolución de convocatoria para o ano 2014
.

http://traballo.xunta.es/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/Contidos_Estandar/formacion_e_cualificacions/competencias_clave/orde_7_xaneiro_gl.pdf