Caldas de Reis

Caldas de Reis sitúase ó norte da provincia de Pontevedra, abríndose á dinámica ría de Arousa, nunha encrucillada de camiños cuio primordial expoñente é a Autopista A-9, principal eixe de comunicacións norte-sur de Galicia-Portugal.

Caldas atópase entre as cidades de Pontevedra e Santiago, a 10 Km. do mar, sendo unha porta de entrada ó val do Salnés e ás Rías Baixas.

A súa situación xeográfica e as súas excelentes comunicacións convértena nunha localización estratéxica para o desenvolvemento de actividades industriais, turísticas, comerciais e residenciais.

É, á súa vez, capital da Comarca de Caldas, que agrupa ós municipios de Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valla, cunha poboación total de 35.514 habitantes.

AEROPORTOS
Santiago de Compostela, 40 minutos (981 547501)
Vigo, 40 minutos (986 268200)

ESTRADAS
Ubicación nodal no corredor lonxitudinal Santiago-Pontevedra-Vigo e no transversal Vilagarcía-A Estrada-Lalín.
Autopista do atlántico A-9, saída 110
Nacional - 550
Nacional - 640

FERROCARRIL
Vía Férrea A Coruña-Vigo.
Estación de Ferrocarril de Vilagarcía (986 501601)
Apeadeiro de Portas

AUTOBUSES
Castromil (986 851664), Liña Vigo-A Coruña
A Estradense (986 000000), Liña Pontevedra-A Estrada
Expres Tabeiros, Liña Caldas-Vilagarcía

TAXIS
Paseo das Palmeras, s/n, (986 540107)

RUTAS
 No concello dáse unha combinación perfecta entre o lecer, a historia e a natureza, que podemos gozar a través das seguintes rutas:

RUTA DOS VIÑOS: en Caldas ábrese o val do Salnés, paraíso de caldos novos e aromáticos, moi agradables para o padal, e cunha graduación entre 10 e 12 graos. O percorrido podería ser: Portas, Lantaño, Vilanoviña, Ribadumia, Barrantes e Cambados. Dentro das variedades autóctonas destacan o Albariño nos brancos e o Caíño nos tintos.

RUTA DAS AUGAS: O comenzo da ruta discorre pola marxe dereita do río e atravésao en Segade de Abaixo, por un paso antigo que empregaban as xentes do lugar. Máis adiante, preto da famosa fervenza do río Umia, algúns afeccionados á escalada trazaron varias vías para gozar destas paredes verticais. Seguindo a rota, atopámonos cunha ponte de factura romana (bastante frecuentes nesta parte do concello) e cos vestixios dunha antiga calzada. No camiño de regreso, pasaremos diante de vellos muíños en ruínas. Como colofón aconséllase unha visita en Caldas á flora centeal do parque xardín ou un baño nalgún dos seus establecementos termais.

RUTA DOS PETROGLIFOS: de seguir polo río Umia, pola estrada da Estrada, pódese parar en Segade para ver a fervenza. Tomando o desvío ata Moraña á dereita pódese baixar e contemplar a ponte romana. Despois en Campo Lameiro descóbrense os gravados prehistóricos.

O concello de Caldas de Reis é lindeiro coa comarca do Salnés e está moi preto da zona do Barbanza, polo que dende el se pode acceder a outros camiños de interese:

RUTA DAS PRAIAS: a poucos quilómetros de Vilagarcía pódese ascender ao Lobeira, monte que nos permite observar o val do Salnés e a ría de Arousa ao completo. Antes de chegar á Lanzada, atravesamos Cambados e Dena, terras de boas praias e excelente marisco. Tamén son interesantes O Grove, A Toxa e A Illa de Arousa.

RUTA DO BARBANZA: este percorrido danos unha visión completa do norte da ría de Arousa. Dende Carracedo tómase a comarcal a Catoira, parando en Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira. O alto da Curota ofrece unha impresionante vista panorámica para rematar en Corrrubedo visitando as súas dunas.

http://www.crtvg.es/concellos/entrada.asp?identificador=4006