As súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, visitarán ó Concello de Barro comezando ás 17:00 o seu percorrido na parroquia de Curro, pasando pola Portela, Agudelo, Valiñas, Perdecanai e Barro.
Realizaremos tirada de caramelos e fogos de artificio o longo do percorrido e na chegada ó Concello.
PROGRAMA
- Micro concerto da Banda de Música Xuvenil de Barro antes da chegadada dos Reis. Hora: 18:00.
- Recibimento polo Sr. Alcalde José Antonio Landín Eirín no Pavillón. Hora: 19:00.
- Ofrendas dos Reis Magos ó neno Xesús.
- Belen vivinte polo Grupo de Danzas Amor Rubial
- Entrega dos premios do Concurso Postáis de Nadal 08.
- Entrega de caramelos a tódolos nenos/as.
- Degustación gratuita de chocolate e rosca.
Organiza:
Concello de Barro
Pais e Nais de Barro