Bolsas postobrigatorios non universitarios

Prazo: Do 08/08/2014 ata 30/09/2014

- Para: Ensinos postobrigatorios e superiores non universitarios do sistema educativo español e con validez en todo o territorio nacional:

a) Primeiro e segundo cursos de Bacharelato.

b) Formación Profesional de Grao Medio e de Grao Superior.

c) Ensinanzas Artísticas Profesionais.

d) Ensinanzas Deportivas.

e) Ensinanzas Artísticas superiores.

f) Estudos relixiosos superiores.

g) Estudos militares superiores.

h) Estudos de idiomas realizados en Escolas Oficiais de titularidade das Administracións educativas, incluída a modalidade de distancia.

i) Cursos de acceso e cursos de preparación para as probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para o acceso aos Ciclos Formativos de Grao Medio e de Grao Superior impartidos en centros públicos e en centros privados concertados que teñan autorizados ensinos de Formación Profesional.

j) Programas de Cualificación Profesional Inicial e Formación Profesional Básica.

-Non estar en posesión ou non reunir os requisitos legais para a obtención dun título do mesmo ou superior nivel ao correspondente ao dos estudos para os que se solicita a bolsa.

-Para ensinos de primeiro curso de Bacharelato, ciclos de grao medio e superior de formación profesional, de artes plásticas e deseño e de ensinnzas deportivas, ter unha nota media de 5, 50 puntos.

- Non superar os limiares de renda e patrimonio familiares fixados na convocatoria.

 

Contías.
Fixas:
- Contía fixa ligada á renda do estudante: 1.500 euros
- Contía fixa ligada á residencia do estudante durante o curso escolar: 1.500 euros.
- Bolsa básica: 200 euros

Variable. A bolsa poderá incluír, así mesmo, unha contía variable e distinta para os diferentes solicitantes que resultará da ponderación da nota media do expediente do estudante e da súa renda familiar.

 

A solicitude preséntase medianteformulario online a través da páxina web do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. http://www.mecd.gob.es