Bolsas para os cidadáns galegos no exterior

Bolsas destinadas aos cidadáns galegos no exterior para a realización de estudos en Galicia.

Prazo: 30-06-2010.
Requisitos:

- Programa 1: Bolsas para a realización de estudos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional conducentes á obtención do título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico.

- Programa 2: Bolsas para a realización de estudos conducentes á obtención do título de máster universitario.

- Programa 3: Bolsas de intercambio para a realización de ensinanzas universitarias en calquera das tres universidades de Galicia que teñan asinados convenios con universidades de países extracomunitarios.

- Programa 4: Bolsas para a realización de estudos de formación profesional de grao superior en centros docentes públicos e centros privados de Galicia que teñan estas ensinanzas concertadas.

- Poderán solicitar estas axudas os/as emigrantes galegos/as residentes no exterior e os seus descendentes ata o segundo grao de consanguinidade, e teñan residencia no estranxeiro.

Secretaría Xeral de Emigración Rúa Basquiños nº 2 15704 Compostela
http://galiciaaberta.com
http://www.edu.xunta.es

Publicación:
DOG: 10-06-2010