BOLSAS PARA ESTUDIANTES UNIVERSITARIOS

O prazo para presentar a solicitude estenderase ata o 15 de outubro de 2012, inclusive, aínda que este prazo non coincida co prazo de matrícula Poderán presentarse solicitudes de bolsa despois do 15 de outubro e ata o 31 de decembro de 2012 nos seguintes casos:
En casos de prazo especial de matrícula debidamente autorizados polas universidades.
b) En caso de falecemento do sustentador principal da familia, ou por xubilación forzosa do mesmo que non se produza por cumprir a idade regulamentaria acontecidos despois de transcorrido o devandito prazo.
c) En caso de estudantes cuxa situación económica familiar se vise gravemente afectada por causa excepcional sobrevida e debidamente xustificada.
A solicitude deberase cumprir mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Departamento na dirección https://sede.educacion.gob.es no apartado correspondente a «Trámites e Servizos» ou na dirección electrónica www.educacion.es.

 

Para as seguintes ensinanzas:
a) Ensinanzas universitarias adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior conducentes a títulos oficiais de Grao e de Máster.
b) Ensinanzas universitarias conducentes aos títulos oficiais de Licenciado, Enxeñeiro, Arquitecto, Diplomado, Mestre, Enxeñeiro Técnico e Arquitecto Técnico.
c) Curso de preparación para acceso á universidade de maiores de 25 anos impartido por universidades públicas.
d) Complementos de formación para acceso ou obtención do título de Máster, de Grao ou para proseguir estudos oficiais de licenciatura.
Non se inclúen nesta convocatoria as bolsas para a realización de estudos correspondentes ao terceiro ciclo ou doutorado, estudos de especialización nin títulos propios das universidades.


Os solicitantes poderán optar ás seguintes bolsas:
1. Bolsas de mobilidade para cursar estudos en modalidade presencial e matrícula completa en centros situados en comunidade autónoma distinta á do seu domicilio familiar.
2. Bolsas de carácter xeral para cursar estudos en centros situados na mesma Comunidade Autónoma do seu domicilio familiar.
3. Bolsas de proxecto fin de carreira para as ensinanzas técnicas.
4. Bolsas de matrícula.
5. Compoñente de rendemento académico para os solicitantes que acrediten os resultados académicos que se establecen nesta convocatoria.
 

Máis información: BOE do día 14 de agosto de 2012