Bolsas para cursos de lingua inglesa ou alemá ou francesa.

Prazo: ata 07/04/2012.

Duración do curso: polo menos, tres semanas de duración, cun mínimo de 20 horas lectivas semanais entre o 1 de xullo e o 30 de novembro do ano 2012.


Paises de realización e Dotación (aboarase directamente aos estudantes seleccionados):


- Cursos de lingua inglesa:
Australia: 2.645 euros.
Canadá: 2.145 euros.
Estados Unidos de Norteamérica: 2.145 euros.
Malta: 1.245 euros.
Nova Zelandia: 2.445 euros.
Reino Unido: 1.745 euros.
República de Irlanda: 1.745 euros.

- Cursos de lingua alemá:
Calquera país da Unión Europea cuxa lingua oficial sexa o alemán: 1.745 euros.


- Cursos de lingua francesa:
Calquera país da Unión Europea cuxa lingua oficial sexa o francés: 1.745 euros.
Canadá: 2.145 euros

Requisitos:
Estar matriculado neste curso académico 2011-2012 en Ensinanzas Artísticas Superiores ou en ensinanzas de Grao Superior de Formación Profesional, de Artes Plásticas e Deseño ou Ensinanzas Deportivas.
Ter obtido neste curso 2011-2012 a condición de bolseiro do Ministerio de Educación conforme á Orde EDU/2099/2011, do 21 de xullo, pola que se convocan bolsas e bolsas ao estudo de carácter xeral e de mobilidade para alumnado que curse estudos postobrigatorios e superiores non universitarios (Boletín Oficial do Estado do 27 de xullo).

Ter obtido as cualificacións mínimas seguintes:
- Os estudantes dos primeiros cursos, 7,00 puntos de nota media en Bacharelato, na proba de acceso ou curso de acceso, respectivamente.
- Os estudantes de segundos e posteriores cursos, 7,00 puntos de nota media no expediente académico dos estudos que estean a cursar.

Mais información na OMIX de Barro ou na web do Ministerio de Educación: http://www.educacion.gob.es/horizontales/servicios/becas-ayudas-subvenciones/para-estudiar/idiomas/beca-frances-aleman-extranjero.html