Bolsas para cursos de lingua francesa en Francia.

Prazo: ata 07/04/2012.

AXUDA: Ata un máximo de 1.255 euros (que se aboarán á empresa adxudicataria do programa). Os alumnos beneficiarios aboarán 100 euros á empresa adxudicataria. Axuda adicional de 70 € para gastos de desprazamento.


Requisitos:
Ter nacido entre o 1 de xaneiro de 1992 e o 31 de decembro de 1995 e estar matriculado no presente curso 2011-2012 en calquera curso dalgún dos seguintes estudos: Bacharelato, Ensinanzas profesionais de música e danza, Grao medio de Formación Profesional, Grao medio de artes plásticas e deseño, Grao medio de ensinanzas deportivas, Ensinanzas de idiomas de nivel intermedio ou avanzado.


Ter obtido neste curso 2011-2012 a condición de bolseiro do Ministerio de Educación conforme a Orde EDU/2099/2011, do 21 de xullo, pola que se convocan bolsas e axudas ao estudo de carácter xeral e de mobilidade, para alumnado que curse estudos postobrigatorios e superiores non universitarios («Boletín Oficial do Estado» do 27 de xullo).


Todos os solicitantes deberán acreditar ter totalmente aprobado o curso inmediatamente anterior, cunha nota final mínima de 7,00 puntos na materia de francés.
Mais información na OMIX de Barro ou na web do  Ministerio de Educación:http://www.educacion.gob.es/horizontales/servicios/becas-ayudas-subvenciones/para-estudiar/idiomas/beca-frances-francia.html