Bolsas para actidades de formación académica fóra de Galicia.

Prazo: Do 22/06/2012 ata o 21/07/2012.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca bolsas para o desenvolvemento de actividades de formación académica de curta duración, desenvolvidas fóra de Galicia, destinadas a grupos de alumnos universitarios que cursen os seus estudos oficiais nas universidades do SUG.

As actividades formativas de curta duración, máximo sete días, terán que ser realizadas no período comprendido, única e exclusivamente, entre o 1 de xaneiro e o 30 de setembro de 2012.

A contía da axuda será repartida en subvencións individualizadas para cada membro do grupo seleccionado e aboarase unha cantidade de 45 euros por alumno e día, ata esgotar o presuposto.


Requisitos:
. Poderán solicitar estas axudas grupos de estudantes dun mesmo centro universitario matriculados no último curso da mesma titulación.
. Estar matriculados no último curso dos seus estudos universitarios de carácter oficial conducentes a un título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, enxeñeiro técnico, arquitecto técnico, mestre ou diplomado nalgunha das universidades do SUG.
. Participar na realización dunha actividade formativa como compoñente dun grupo de 10 alumnos como mínimo e de 15 como máximo, cunha duración máxima da estadía de 7 días, incluídos os días da viaxe. En caso de que a duración total sexa superior só concederase axuda polo período máximo de duración establecido.
. Cursar a mesma titulación todos os alumnos membros dese grupo e estar matriculado neste curso académico, polo menos, nunha materia coa que se relacione a actividade formativa proposta.
. Elixir entre todos os membros do grupo un representante ou apoderado único da agrupación, que será un alumno do grupo, que actuará como coordinador, e será o responsable do obxecto da axuda ante a Secretaría Xeral de Universidades.
 

Mais información: orientacion.sug@edu.xunta.es DOG: 21-06-2012