Bolsas para a inmersión lingüística en inglés en España.

Prazo: ata 07/04/2012.
Duración: 1 semana, durante o mes de xullo de 2012.

Axuda: 900 euros que se aboarán directamente á/s empresa/s que resulte/n adxudicataria/s. Non obstante, para completar o prezo total do curso os alumnos aboarán 100 euros á empresa que resulte adxudicataria.

Requisitos:

Ter nacido entre o 1 de xaneiro de 1992 e o 31 de decembro de 1995 e estar matriculado no curso 2011-2012 en calquera curso dalgún dos seguintes estudos:
Bacharelato, Ensinanzas profesionais de música e danza, Grao medio de Formación Profesional, Grao medio de artes plásticas e deseño, Grao medio de ensinanzas deportivas e Ensinanzas de idiomas de nivel intermedio ou avanzado.


Ter obtido no curso 2011-2012 a condición de bolseiro do Ministerio de Educación conforme á Orde EDU/2099/2011, do 21 de xullo, pola que se convocan bolsas e axudas ao estudo de carácter xeral e de mobilidade, para alumnado que curse estudos postobrigatorios e superiores non universitarios (BOE do 27 de xullo).

Todos os solicitantes deberán acreditar ter totalmente aprobado o curso inmediato anterior, cunha nota final mínima de 7 puntos na materia de inglés. No caso de solicitantes que estean matriculados ensinanzas bilingües pero non cursasen a materia de inglés como materia individualizada o curso anterior, se terá en conta a cualificación obtida na materia de inglés de cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria.

Mais información na OMix de Barro ou na web do Ministerio de Educación: http://www.educacion.gob.es/horizontales/servicios/becas-ayudas-subvenciones/para-estudiar/idiomas/curso-intensivo-inmersion-ling-ingles-en-espana.html