Bolsas estudos postobligatorios

Prazo: Dende o 08/08/2014 ata o 15/10/2014

Requisitos:

1) Ensinanzas universitarias adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior conducentes a títulos oficiais de Grao e de Máster.

2) Ensinanzas universitarias conducentes aos títulos oficiais de Licenciado, Enxeñeiro, Arquitecto, Diplomado, Mestre, Enxeñeiro Técnico e Arquitecto Técnico.

3) Curso de preparación para acceso á universidade de maiores de 25 anos impartido por universidades públicas.

4) Complementos de formación para acceso ou obtención do título de Máster e créditos complementarios para a obtención do título de Grao ou para proseguir estudos oficiais de licenciatura.

Non se inclúen nesta convocatoria as bolsas para a realización de estudos correspondentes ao terceiro ciclo ou doutoramento, estudos de especialización nin títulos propios das universidades.

- Non posuír un título de nivel igual ou superior ao dos estudos para os que se pide a bolsa.

-Para primeiro curso de estudos de grao e titulacións universitarias de primeiro e segundo ciclo, obter polo menos 5,50 puntos na proba de acceso (bolsa de matrícula) ou 6,50 puntos (resto de contías).

-Cumprir os requisitos económicos atendendo aos ingresos que percibise a unidade familiar no exercicio fiscal anterior.

Contías:

 Fixas:

a) Bolsa de matrícula: comprenderá o importe dos créditos dos que o alumno se matricule por primeira vez.

b) Contía fixa ligada á renda do estudante: 1.500 euros.
c) Contía fixa ligada á residencia do estudante durante o curso escolar: 1.500 euros.


Variable:

A bolsa poderá incluír, así mesmo, unha contía variable e distinta para os diferentes solicitantes que resultará da ponderación da nota media do expediente do estudante e da súa renda familiar.


A solicitude preséntase mediante un formulario online a través da páxina web do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Na OMIX axudámosche a cubrilo. http://www.mecd.gob.es