Bolsas estudios Universitarios

Bolsas para ensinanzas universitarias: prazo ata 14-10-2011 (con excepcións). Requisitos: Bolsas para estudantes que no curso académico 2011-2012 cursen en centros españois ensinanzas universitarias con validez en todo o territorio nacional. Non estar en posesión ou non reunir os requisitos legais para a obtención dun título do mesmo ou superior nivel ao correspondente ao dos estudos para os que se solicita a bolsa ou axuda. Cumprir os requisitos básicos establecidos no Real decreto 1721/2007, así como os que se fixan na presente convocatoria. Ser español, ou posuír a nacionalidade dun Estado membro da Unión Europea. Neste último caso requirirase que o propio estudante ou os seus sustentadores estean traballando en España. Ensinanzas comprendidas: a) Ensinanzas universitarias adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior conducentes a títulos oficiais de Grao e de Máster. b) Ensinanzas universitarias conducentes aos títulos oficiais de Licenciado, Enxeñeiro, Arquitecto, Diplomado, Mestre, Enxeñeiro Técnico e Arquitecto Técnico. c) Curso de preparación para acceso á universidade de maiores de 25 anos impartido por universidades públicas. d) Complementos de formación para acceso ou obtención do título de Máster, de Grao ou para proseguir estudos oficiais de licenciatura. Non se inclúen nesta convocatoria as bolsas para a realización de estudos de terceiro ciclo ou doutoramento, estudos de especialización nin títulos propios das universidades. O Ministerio de Educación convoca bolsas de carácter xeral e de mobilidade para o curso académico 2011-2012, para estudantes de ensinanzas universitarias. Mais información na web do Ministerio de Educación http://www.educacion.gob.es/campanias/becas2011.html ou no BOE 27-07-2011