Bolsas de estudos no curso 2011-2012

O Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG) convoca bolsas de estudos para os alumnos que se matriculan por primeira vez no curso 2011-2012 en calquera das súas titulacións. En total, son 16 axudas
que cubrirán os gastos de matrícula e docencia (quedan excluídos os gastos de manutención e aloxamento).

O importe das bolsas ascende a 5.585 €, que se restará do custo do curso (6.571 € en réxime externo e 10.170 € en réxime interno). Deste xeito, a axuda cubre o 85 por cento do prezo dun alumno externo e un 65 por cento dun interno.
O prazo para solicitar as bolsas está aberto e remata o próximo 15 de xullo.
As bases e o formulario de solicitude pódense descargar en www.cshg.es.
Das 16 bolsas, sete son para expedientes académicos sobresaíntes (con medias por riba do 8) e nove son bolsas normais (na súa concesión tense en conta os ingresos nun 60 por cento e as notas nun 40 por cento).
 
A Axencia Provincial da Enerxía (FAEPAC), en colaboración co Instituto Enerxético Galego (Inega), está a impartir cursos de condución eficiente, dentro do plan de acción da estratexia de aforro e eficiencia enerxética de España 2008 – 2012 (E4), en convenio co Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE).
O curso vai dirixido a todos os condutores interesados en aprender como conducir de xeito eficiente e económico.
Teñen unha parte teórica, na que se dan as técnicas de condución eficiente, e as súas implicacións, e unha parte práctica na que os alumnos desenvolven ditas técnicas.
O obxectivo do curso, é que os alumnos coñezan diferentes técnicas que lles permitiran aforrar nos consumos do coche.
Estrutura do curso:
Os cursos son xornadas de dúas ou catro horas, nos que se imparten as técnicas e fundamentos, da nomeada “Condución Eficiente”. Os cursos están estruturados en catro bloques. No primeiro os alumnos fan unha quenda de condución nun circuíto preestablecido na zona da aula de formación.
No segundo bloque, repártese a documentación do curso, e impártense as técnicas de condución eficiente.
No terceiro bloque, repítese a quenda de condución polo circuíto, aplicando agora as técnicas anteriormente impartidas.
No bloque final, amosáselle aos alumnos os resultados, analízanse, e deixase un tempo para dúbidas e comentarios. Logo dunhos días remíteselle aos alumnos diploma de asistencia ao curso.
Para maior información e inscricións: teléfono 981 102 111.