Bolsa de emprego para CORREOS

Convocatoria para a constitución de bolsas de emprego destinadas á cobertura temporal dos seguintes postos do grupo profesional IV do convenio colectivo da Sociedade Estatal Correos e Telégrafos S.A.: atención ao cliente, axente/clasificación, reparto 1 (motos/servizos rurais motorizados) e reparto 2 (pe/servizos rurais non motorizados).
 Os ámbitos xeográficos de cada bolsa de emprego son os que figuran relacionados no anexo da convocatoria.
 Os/as candidatos/as poderán figurar, como máximo en dúas bolsas de emprego de Correos. As bolsas nas que pode estar inscrito poden ser da mesma provincia ou provincia limítrofe.
 Requisitos:
•Ter cumprido 18 anos
•Reunir os requisitos contractuales conforme á lexislación vixente en materia de permisos de traballo ou calquera outra que a sustitúa
•Título de educación secundaria obrigatoria, graduado escolar ou titulación oficial que a sustitúa ou coñecementos, experiencia e aptitudes no desenvolvemento da súa profesión equivalentes a esta titulación
•Para a bolsa de reparto en moto requirirase a posesión do permido de conducir moto A, A1 ou a posesión do permiso de conducir B cunha antigüidade superior a tres anos agás para os servizos rurais con automóbil. En todo caso, o candidato que se inscriba para postos de reparto en moto, comprométese ao desenvolvemento de dito posto
•Para as bolsas solicitadas nas que sexa necesario aportar vehículo e/ou local requirirase do candidato cumprir con tal obrigación, así como estar en posesión do correspondente permiso de conducri
•Non ter sido separado do servizo nin despedido disciplinariamente
•Non ter sido rescindido un contrato pola non superación dun período de proba en Correos da bolsa que solicita
•Non ter sido avaliado negativamente para o desenvolvemento dun posto de traballo da bolsa que solicita.
•Non acharse inhabilitado para o desenvolvemento de funcións públicas por sentencia firme
•Non padecer enfermidade ou limitacións físicas ou psíquicas para o normal desenvolvemento das tarefas e funcións a realizar, acreditado polos servizos médicos de Correos. Os recoñecementos médicos terán carácter obrigatorio
•Cumprir cos requisitos establecidos para os postos de traballo que comprenden as bolsas de emprego ofertadas nesta convocatoria
 Prazo: Do 11 ao 29 de xullo de 2011 ambos inclusive
 Máis información: www.correos.es
Para cubrir a solicitude