BASES ÚNETE AO CLAN DOS LIBROS

marca páxinas Clan dos libros

BASES
ÚNETE AO CLAN DOS LIBROS!.

Esta iniciativa tenta dinamizar o servizo de préstamo  de fondos da biblioteca, despois dun tempo pechado debido ao COVI-19.

OBXECTIVOS
-Dinamizar a lectura  
-Reactivar o servizo de préstamo do fondo da biblioteca de Barro.
-Incentivar a participación da poboación do Concello de Barro nas actividades da biblioteca.

PARTICIPANTES: 
Cada participante en “ÚNETE AO CLAN DOS LIBROS” poderá recoller unha bolsa do Clan, preparada anticipadamente polo persoal da biblioteca cun contido sorpresa, adaptado ao usuario/a. Esta bolsa do Clan, serigrafiada, traerá un agasallo en forma de marca páxinas para coleccionar.

PRAZO: 
Esta actividades  iníciase o 1 de xullo, ata esgotar existencias. 
Todas as persoas socias da biblioteca que empreguen o servizo de préstamo recibirán un marca páxinas como agasallo a partir do día 1 de xullo. 

AGASALLO: 
-Agasallo para os participantes: poderán recoller na Biblioteca a súa bolsa serigrafiada e o seu marca páxinas.