BASES “POLO NADAL COMERCIO LOCAL: BARRO DE ESCAPARATES” CONCELLO DE BARRO.

Imaxe Polo Nadal comercio local

BASES “ POLO NADAL COMERCIO LOCAL: BARRO DE ESCAPARATES”

CONCELLO DE BARRO.

 

O Concello de Barro organiza o presente concurso co obxectivo de involucrar os establecementos de Barro na decoración deste Nadal tan atípico, marcado pola situación sanitaria provocada polo COVID – 19; para que, entre todos e todas, se poida conseguir que estas datas continúen sendo especiais, coa ilusión e maxia que as caracteriza. Deste xeito, iluminaremos Barro e contribuiremos a levantar o ánimo da veciñanza e visitantes.

 

Segundo. -  PARTICIPANTES

 

Poderán participar todos aqueles establecementos (comercios, hostalería e calquera outro que teña actividade económica no concello) situados no municipio de Barro, de calquera que sexa a súa actividade. Deberán adornar e iluminar o seu escaparate ou zonas exteriores con motivos de Nadal, segundo os criterios de participación que se expoñen no punto terceiro.

 

Os establecementos que participen no concurso estarán identificados cun cartel que indique a súa participación no mesmo. Esta identificación, que lles será entregada desde o Concello ao formalizar a solicitude, deberá estar colocada nun lugar ben visible do escaparate.

 

Só se aceptará unha inscrición por cada comercio, polo que no caso de existir varios escaparates, valorarase a decoración de forma global e conxunta.

 

Terceiro - CRITERIOS, PRAZOS E INSCRICIÓNS

 

A inscrición no concurso é gratuíta e para participar é preciso entregar a solicitude (ANEXO I) debidamente cumprimentada a través do rexistro do Concello de Barro ou da Sede Electrónica. Excepcionalmente poderán enviarse ao correo electrónico: omix@barro.es.

 

As solicitudes e as presentes bases poderán descargarse na páxina web do concello ou recollerse na OMIX de Barro (Santo Antoniño Perdecanai nº12 36194 Barro Pontevedra) en horario de atención ao público luns, mércores, venres e sábados de 9:00 a 14:00 e martes e xoves de 16:00 a 21:00 h. Teléfono de información 986714806/690722812.

 

Prazos:

  • Entrega de solicitudes: as solicitudes, debidamente cumprimentadas, presentaranse no rexistro do Concello de Barro, a través da sede electrónica ou a través do enderezo electrónico omix@barro.es. Debido á situación producida polo COVID-19, priorizarase a presentación por medios electrónicos.
  • A data límite de entrega será o 26 de novembro de 2020 (inclusive).
  • Montaxe da decoración: a decoración deberá estar exposta ao público, como mínimo, dende o 15 de decembro de 2020 ata o 6 de xaneiro de 2021 ás 23:55 h.(ambos inclusive).

 

 

Criterios de participación:

 

  • A decoración dos escaparates deberá realizarse con motivos e ambiente propios do Nadal, sendo de toda liberdade o deseño, a técnica e o estilo utilizados.
  • A iluminación será parte obrigatoria da decoración.
  • Os establecementos participantes quedan obrigados a manter a decoración visible ao público, ininterrompidamente, dende o día 15 de decembro do 2020 ata o día 6 de xaneiro de 2021 ás 23:55 h (ambos inclusive).
  • A decoración deberá incluír algunha mensaxe escrita en galego.
  • A decoración e a identificación de participación deberán ser visibles desde o exterior.
  • Os establecementos participantes cederán o uso da súa imaxe e da súa decoración a esta Institución, para promover este concurso nas redes sociais do Concello e nos medios de comunicación que se consideren necesarios e axeitados, única e exclusivamente con esta finalidade.

 

Quinto.  – PREMIOS

 

Os premios están valorados en 550 euros e repartiranse do seguinte xeito:

1º premio: 300 euros

2º premio: 150 euros

3º premio: 100 euros

 

Sexto. – CRITERIOS DE VALORACIÓN

 

O xurado visitará persoalmente os escaparates e os exteriores dos establecementos. Para iso, as identificacións deben estar colocadas en lugares visibles.

Valoraranse especialmente os seguintes criterios:

  • A luminosidade do escaparate.
  • A estética e o encanto da decoración.
  • A orixinalidade e creatividade no seu conxunto.
  • A singularidade e expresividade da mensaxe.
  • A utilización de materiais reciclados.
  • A relación entre a decoración e a actividade económica do propio establecemento.

 

 

 

 

 

 

Sétimo. – XURADO

 

O xurado darase a coñecer antes de emitir o veredicto. Este poderá considerar deserto o concurso de non existir un mínimo de 5 participantes. O veredicto do xurado será inapelable e terá lugar antes do día 10 de xaneiro de 2021.

 

 

Oitavo.- ENTREGA DE PREMIOS

 

Os establecementos que resulten gañadores serán informados formalmente e publicaranse nas redes sociais e na páxina web do Concello, así como nos medios de comunicación.

 

A entrega de premios farase nun acto público, no que a data e lugar de celebración se anunciarán previamente.

 

Noveno.- PUBLICACIÓN

 

Estas Bases publicaranse na páxina web (www.barro.gal) e nas redes sociais do Concello. Para informarse poden chamar aos números: 986 714 806 / 690 722 812.

 

O Concello de Barro resérvase o dereito a realizar os cambios oportunos que poida considerar necesarios para o correcto funcionamento.

 

ANEXO I:

 

PROCEDEMENTO:  

INSCRICIÓN “POLO NADAL COMERCIO LOCAL: BARRO DE ESCAPARATE”

ESTRATEXIA PROMOCIONAL DE DINAMIZACIÓN DO COMERCIO LOCAL 2020/2021

Concellería de Promoción Económica, Emprego, Xuventude e Turismo

 

DOCUMENTO:

SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN

- Datos do RESPONSABLE DO ESTABLECEMENTO

NOME E APELIDOS:

D. N. I.:

ENDEREZO DO ESTABLECEMENTO (rúa, lugar, número...)

 

 

 

 

Correo electrónico do responsable

Teléfono:

     

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Con esta inscrición comprométome a participar no “POLO NADAL COMERCIO LOCAL: BARRO DE ESCAPARATE”  – CONCELLO DE BARRO e a aceptar as bases do mesmo.

 

Barro, ...........de ...................... de 2020

 

Asdo:

 

SR. ALCALDE DO CONCELLO DE BARRO