BASES PARA A CAMPAÑA DE PRIMAVERA EN APOIO AO COMERCIO LOCAL DE BARRO “En abril, premios mil” – Rasca e gaña

BASES

BASES PARA A CAMPAÑA DE PRIMAVERA EN APOIO AO COMERCIO LOCAL DE BARRO

“En abril, premios mil” – Rasca e gaña

A Concellería de Promoción económica, xuventude e Turismo do Concello de Barro organiza unha Campaña de primavera de apoio ao comercio local co fin de concienciar a veciñanza da importancia de realizar as compras no comercio local de Barro, e axudar e contribuír ao desenvolvemento económico e social e dinamizador do noso concello.

As compras realizadas no comercio local de Barro reciben unha atención máis personalizada e adecuada ás necesidades de cada cidadán, garantíndolles unha maior calidade e confianza que outros sectores non prestan deste xeito, de aí a obriga de incentivar as vendas como impulsor da economía local e dinamización de sinerxias produtivas de consumo racional.


 

OBXECTO

Estas bases establécense coa finalidade de regular unha nova campaña enmarcada dentro da primavera para o apoio ao comercio local de Barro, garantindo a igualdade de trato entre todos os participantes, que deberán aceptalas integramente unha vez presentada a solicitude no Rexistro Municipal ou Sede Electrónica.


 

DATAS DA CELEBRACIÓN

As datas desta campaña serán desde o día 1 de abril ata o 30 de abril 2021, ambos incluídos.


 

REQUISISTOS DE PARTICIPACIÓN

Poderán participar nesta Campaña de primavera todos os establecementos con tenda física en Barro, que se atopen ao corrente das súas obrigas tributarias co concello de Barro.


 

PROCEDEMENTO

Todos os establecementos que decidan adherirse á Campaña de apoio ao pequeno comercio e hostalaría, deberán entregar de maneira gratuíta un único rasca por cada compra superior a 10€.

Eses rascas levarán no reverso o selo ou sinatura do responsable do establecemento ou comercio participante, antes da súa distribución á clientela. Só se poderán trocar nese mesmo local.

Os rascas trocados nos establecementos que non coincidan con selo, ou sen selar, non serán aboados.

Cada local deberá gardar os rascas trocados.

O período para gastar os rascas en compras nos establecementos será dende o 1 de maio ata o 31 de maio de 2021, ambos incluídos.


 

MÉTODO DE PAGO

Para proceder ao abono dos rascas, os titulares dos establecementos ou comercios, deberán presentar a correspondente factura ante o Concello de Barro, seguindo os métodos admitidos a dereito, engadindo o concepto “Campaña: Abril, premios mil”, acompañado dos rascas premiados xunto co ticket de compra onde se aplicou o desconto, co nome e apelidos da persoa agraciada.

A factura deberá presentarse despois de que todos os/as agraciados fixeran uso dos seu rascas premiados e con data límite día 30 de xuño de 2021.

O período de pagamento será o establecido habitualmente pola administración.


 

PREMIOS

O Concello repartirá nos establecementos adheridos á Campaña rascas con premios de 1,2, 3, 5 e 10 euros.


 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

A inscrición na campaña é gratuíta e para participar é preciso entregar a solicitude (ANEXO I) debidamente cumprimentada, a través da Sede Electrónica ou o rexistro presencial do Concello de Barro. Excepcionalmente pola situación actual provocada polo COVID-19, poderán enviarse ao correo electrónico: omix@barro.es. As solicitudes e as presentes bases poderán descargarse na páxina web do concello ou recollerse na OMIX de Barro (Santo Antoniño Perdecanai nº12 36194, Barro Pontevedra) en horario de atención ao público: luns, mércores, venres e sábados de 9 h a 14 h e martes e xoves de 16 h a 21 h. Os teléfonos de información son os seguintes: 986 714 806 / 690 722 812.

Prazos: - Entrega de solicitudes: as solicitudes, debidamente cumprimentadas, presentaranse no rexistro do Concello de Barro, a través da sede electrónica ou a través do enderezo electrónico omix@barro.es. Debido á situación producida polo COVID-19, priorizarase a presentación por medios electrónicos. A data límite de entrega será o 26 de marzo de 2020 (inclusive)


 

CRONOGAMA

Prazo de inscrición na campaña

Ata o 26 de marzo

Campaña de entrega de rascas

Do 1 de abril ao 31 de abril

Troco nos establecemento dos rascas premiados

Do 1 de maio ao 31 de maio

Entrega das facturas no concello por parte dos establecementos

Ata o 31 de xuño


 

OBRIGAS DOS ESTABLECEMENTOS PARTICIPANTES

• Os establecementos farán a súa inscrición previa en tempo e forma nas datas sinaladas.

• Comprométense a cumprir cos prazos establecidos para a realización da campaña.

• Cada comercio, deberá selar os rascas entregados polo Concello no seu reverso antes de entregalos aos clientes.

• Os locais participantes deberán ter nun lugar visible e en bo estado, o cartel da campaña que o identifique como establecemento adherido á mesma durante todo o período.

• Cada participante comprométese a facer un uso responsable da campaña e a cumprir estritamente estas bases.


 

OBRIGAS DO CONCELLO DE BARRO

• O Concello fará entrega de todo o material preciso para a Campaña de rascas: cartelería e rascas antes do inicio da mesma.

• O Concello comprométese a que todos os establecementos adheridos repartan premios en partes iguais.

• O Concello será o encargado de promocionar e potenciar a Campaña de rascas antes e durante, en prensa escrita, redes sociais, páxina web, así como en todos aqueles medios adaptados para a súa difusión.

• O Concello recollerá todos os rascas sobrantes, se os houbera, unha vez finalizada a campaña de entrega dos mesmos.

• O Concello comprométese a facer o seguimento da Campaña e resolver cantas cuestións xurdan durante o desenvolvemento da mesma.


 

OUTRAS CONSIDERACIÓNS

• Queda prohibida a participación do titular/es do comercio ou empresa.

• O Concello non se responsabiliza da perda ou deterioro dos rascas unha vez premiados.

• O establecemento participante será o responsable do manexo ou mal uso dos rascas, así como en caso de perda ou deterioro, unha vez entregados no mesmo, e deberá comunicalo á administración.

• O Concello de Barro resérvase o dereito a modificar a forma, os premios, a dinámica ou as datas da campaña por causas a determinar, así como a interromper en calquera momento a continuidade da mesma, sexa temporal ou definitivamente por motivos de seguridade, forza maior ou calquera causa xustificada que así o poidan aconsellar debido á actual situación de pandemia mundial por mor da Covid-19, sen que isto poida derivar ningunha responsabilidade para o Concello de Barro nin dereito aos establecementos participantes a percibir ou reclamar calquera tipo de indemnización.

• O Concello resérvase o dereito a dar de baixa da Campaña a calquera participante que realice un mal uso da mesma.

• A NON devolución dos rascas sobrantes, invalidará todos aqueles que se presenten a nome dese establecemento a modo de factura unha vez finalizada a Campaña.

• O importe dos rascas premiados só se poderá descontar en vindeiras compras e nos prazos estipulados, no propio establecemento.

• O número de rascas por establecemento dependerá do numero de locais adheridos á Campaña.

• O Concello de Barro NON SE RESPONSABILIZA das posibles incidencias, de calquera tipo, que puideran xurdir no troco dos premios.

• As presentes bases aparecerán recollidas e estarán colgadas na páxina web do concello de Barro durante o período da Campaña.

• Os clientes que resulten agraciados con rascas premiados, comprométense a gastalos no establecemento que fai entrega do mesmo.

• Considérase rasca premiado, aquel que leve escrita unha cantidade de euros.

• Considérase rasca non premiado o que leve escrito “segue mercando en Barro”.

• Para levar a cabo a Campaña de primavera, deberán estar inscritos un mínimo de 10 establecementos.

 

PUBLICACIÓN

Estas Bases publicaranse na páxina web (www.barro.gal) e nas redes sociais do Concello de Barro. Para informarse poden chamar aos números: 986 714 806 / 690 722 812

 

O Concello de Barro resérvase o dereito de realizar os cambios oportunos que poida considerar necesarios para o correcto funcionamento.

 

 

 

 

 

 

 

ANEXO I:

 

PROCEDEMENTO: INSCRICIÓN DOCUMENTO:

Campaña de dinamización da hostalería local

SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN

En abril, premios mil” – Rasca e gaña

 

ESTRATEXIA PROMOCIONAL DE DINAMIZACIÓN DO COMERCIO LOCAL 2020/2021 Concellería de Promoción Económica, Emprego, Xuventude e Turismo

 

 

- Datos da persoa RESPONSABLE DO ESTABLECEMENTO

 

NOME E APELIDOS:

 

 

D. N. I.:

 

ENDEREZO DO TITULAR DO ESTABLECEMENTO:

 

ENDEREZO DO ESTABLECEMENTO (rúa, lugar, número...)

 

 

 

Correo electrónico da persoa responsable:

Teléfono:

 

 

 

Con esta inscrición comprométome a participar na Campaña de dinamización da hostalería local “Abril, premios mil” – Rasca e gaña – CONCELLO DE BARRO e a aceptar as bases do mesmo.

 

 

Barro, ...........de ...................... de 2021

 

Asdo: