BASES
Campaña de dinamización da hostalaría e do comercio local: POLO NADAL COMERCIO LOCAL: MERCAR EN BARRO TEN UN LOTE DE PREMIOS
O Concello de Barro organiza a presente campaña co obxectivo de estimular o consumo no comercio local de Barro neste Nadal tan atípico, marcado pola situación sanitaria provocada pola COVID – 19, cuxas consecuencias están a ser especialmente lesivas para o pequeno comercio e a hostalaría.
Segundo. - PARTICIPANTES
Poderán participar todos aqueles establecementos (comercios e hostalaría) situados no termo municipal de Barro e que realicen venta directa ao público.
Os establecementos que participen na campaña estarán identificados cun cartel que indique a súa participación na mesma. Esta identificación, que lles será entregada desde o Concello ao formalizar a solicitude, deberá estar colocada nun lugar ben visible do negocio.
Terceiro - CRITERIOS, PRAZOS E INSCRICIÓNS
A inscrición na campaña é gratuíta e para participar é preciso entregar a solicitude (ANEXO I) debidamente cumprimentada, a través da Sede Electrónica ou o rexistro presencial do Concello de Barro. Excepcionalmente pola situación actual provocada polo COVID-19, poderán enviarse ao correo electrónico: omix@barro.es.
As solicitudes e as presentes bases poderán descargarse na páxina web do concello ou recollerse na OMIX de Barro (Santo Antoniño Perdecanai nº12 36194, Barro-Pontevedra) en horario de atención ao público: luns, mércores, venres e sábados de 9 h a 14 h e martes e xoves de 16 h a 21 h. Os teléfonos de información son os seguintes: 986 714 806 / 690 722 812.
Prazos:
Criterios de participación:
A cada local entregaráselle un lote formado por produtos locais e galegos que se sortearán en cada establecemento.
A cada participante entregaráselle material de promoción: folletos informativos, unha urna e papeletas para que os clientes as poidan depositar no local onde realizan a consumición ou compra.
-Os establecementos recollerán na OMIX máis papeletas, se as precisaran debido ao seu volume de ventas
-Os establecementos entregarán unha papeleta para o sorteo do lote, cunha consumición mínima de 5€
Serán os propios establecementos os encargados de:
-Repartir as papeletas entre os seus clientes
-Sortear as cestas publicamente entre o 7 e o 9 de xaneiro de 2021 (ambos inclusive)
-Dar publicidade e difusión a través de todos os medios que teñan ao seu alcance (redes sociais, páxinas web etc.) ao sorteo e á entrega da cesta ao premiado/a
-Enviar unha fotografía da entrega da cesta a omix@barro.es
Quinto. – PREMIOS LOTES
Entregarase un LOTE por local participante. O contido deste lotes estará composto por produtos produtos locais e galegos.
De cada unha das urnas repartidas entre os establecementos participantes seleccionarase unha papeleta, que será a premiada cun lote.
Por seguridade, cada establecemento escollerá unha primeira papeleta premiada e unha segunda de reserva por se non se localiza ao premiado/a nun prazo de 2 días desde a realización do sorteo.
Lotes con cargo á aplicación orzamentaria correspondente á Concellería de Promoción Económica Emprego, dos orzamentos municipais para o exercicio 2021.
Sexto.- PUBLICACIÓN
Estas Bases publicaranse na páxina web (www.barro.gal) e nas redes sociais do Concello de Barro. Para informarse poden chamar aos números: 986 714 806 / 690 722 812
O Concello de Barro resérvase o dereito a realizar os cambios oportunos que poida considerar necesarios para o correcto funcionamento.
ANEXO I:
PROCEDEMENTO: INSCRICIÓN Campaña de dinamización da hostalería local “POLO NADAL COMERCIO LOCAL: Mercar en Barro ten un lote de premios”. ESTRATEXIA PROMOCIONAL DE DINAMIZACIÓN DO COMERCIO LOCAL 2020/2021 Concellería de Promoción Económica, Emprego, Xuventude e Turismo |
DOCUMENTO: SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN |
|
- Datos do RESPONSABLE DO ESTABLECEMENTO |
||
NOME E APELIDOS:
|
D. N. I.:
|
|
ENDEREZO DO ESTABLECEMENTO (rúa, lugar, número...)
|
|
|
Correo electrónico do responsable:
|
Teléfono: |
|
Con esta inscrición comprométome a participar na “Campaña de dinamización da hostalería local “POLO NADAL COMERCIO LOCAL: MERCAR EN BARRO TEN UN LOTE DE PREMIOS.” – CONCELLO DE BARRO e a aceptar as bases do mesmo.
Barro, ...........de ...................... de 2020
Asdo: