O Concello de Barro convoca a campaña de promoción de compras no ámbito local no período de Nadal 2019/2020.
Esta campaña consta de dúas accións unha dirixida á dinamización das compras dos establecementos comerciais e hostaleiros do Concello de Barro e outra acción dirixida á promocionar este evento e o comercio de Barro nas redes sociais.
1. PRIMEIRA ACCIÓN SORTEO:
Dirixido a establecementos comerciais e hostaleiros do Concello de Barro, co ánimo de dinamizar as compras noso pobo nunhas datas tan salientables como estas, mediante o sorteo de 5 vales de 50 € e 1 DE 100 € de gasto nos comercios, restaurantes, e demais establecementos de hostalería e restauración do municipio.
1.1. A participación dos locais no concurso terá lugar mediante a súa inscrición mediante instancia presentada a través do rexistro do concello.
1.2. Datas:
Prazo de inscrición dos locais participantes finaliza o 29 de novembro.
Publicitándose a campaña, xunto cos locais participantes, a través de cartelería a partir do 10 de DECEMBRO.
Dende o concello repartiranse entre os locais participantes as caixas onde os usuarios dos diferentes establecementos depositarán as papeletas entre o 10 de decembro de 2019 ata o 2 de xaneiro de 2020, día no que se entregarán as caixas no Concello de Barro.
día 3 de xaneiro realizarase un acto público de apertura das caixas depositarias das papeletas do programa de dinamización do comercio local “MERCA EN BARRO” POLO NADAL COMERCIO LOCAL 2019/2020 ÁS 13:30 H. no salón de plenos do Concello de Barro, e posterior sorteo público de entre tódalas papeletas recollidas, de 6 papeletas premiadas (5 vales de 50 € e 1 DE 100 €), diante dun xurado formado por:
Presidente: D. Adrián Silva Magdalena ou persoa na que delegue
Vogais:
- Dna. María Redondo Pintos
- Dna. Elena Solla Ruibal
Actuando como secretario o secretario do Concello de Barro D. Xesús Rodríguez Castro.
Data de entrega dos premios: O día 5 de xaneiro de 2020 durante o acto da celebración da Cabalgata de Reis realizarase a entrega dos 6 vales premiados, que poderán ser canxeados a través de compras nos locais participantes. Non poderá recaer máis dun premio nunha mesma persoa, polo que seleccionaremos 12 papeletas a primeira premiada e a segunda reserva.
Prazo de gasto dos vales, ata o 15 de febreiro de 2020
Prazo de xustificación do gasto ata o 15 de marzo (para os locais onde se realice o gasto dos vales premiados).
1.3. Dotación: A dotación dos premios serán 5 vales por valor de 50 € cada un e 1 DE 100 €, en compras nos comercios participantes, con cargo á aplicación orzamentaria correspondente a Concellería de Promoción Económica e emprego dos orzamentos municipais para o exercicio 2020.
2. SEGUNDA ACCIÓNS CAMPAÑA DE PROMOCIÓN NAS REDES SOCIAIS:
Coa intención de dinamizar e visibilizar esta actividade a través de internet, o Concello de Barro organiza unha campaña de promoción nas redes sociais consistente en fotografar a actividade, a vida do comercio local inscrito na campaña “Polo Nadal comercio local”.
2.1. Premios: Estabreceranse tres premios, un por cada rede social: Instagram, Facebook e Twiter. As persoas interesadas en participar poderán subir fotos relacionadas co comercio local participante na campaña “Polo Nadal comercio local” a cada rede. As fotos publicadas e con mais “gustame/reaccións” recibirán un premio de 30€ en compras nos comercios participantes.
2.2. Datas: As fotos poderán subirse a partir do día 10 de decembro e ata o día 2 de xaneiro coa etiqueta: #polonadalcomerciolocalbarro.
Os participantes con mais “gustame/reaccións” recollerán o premio o día 5 de xaneiro durante o acto de celebración da Cabalgata de Reis.
2.3. Contido das fotografías: A persoa participante será o único responsable dos seus contidos, garantindo que a mesma cumpre con todos os requisitos legais e, en particular:
• Que se obtiveron de forma expresa os permisos das persoas que aparecen na fotografía para usar a súa imaxe: publicación da foto na web do concello, en redes sociais para os casos nos que estas se utilicen para difundir a campaña.
• Os participantes que presentan a fotografía ceden con carácter gratuíto ao Concello de Barro todos os dereitos de explotación e en particular, os de reprodución, distribución, comunicación pública (incluída a difusión a través de Internet) e transformación sobre este que permitan a este último xestionar a participación das fotografías na presente campaña promocional e difundilas en todos os medios e soportes que o Concello de Barro estime oportunos no marco da divulgación da campaña, para a máxima duración legal dos dereitos cedidos e para todo o mundo.
• O Concello de Barro non se fai responsable do uso non autorizado de imaxes nas fotografías presentadas.
• Os participantes que presentan as fotografías responden ante o Concello de Barro do exercicio pacífico dos dereitos de imaxe e de propiedade intelectual indicados no presente apartado, e para ese efecto exonera ao Concello de Barro de calquera responsabilidade dimanante do non cumprimento ou cumprimento defectuoso destas bases e garantías. Neste sentido, no caso de que o Concello de Barro sexa obxecto de calquera reclamación xudicial ou extraxudicial iniciada por terceiros e baseada en posibles infraccións de dereitos en relación coas fotografías, o participante asume todos os gastos, custos e indemnizacións que se poidan derivar destas accións, e responde ante o Concello de Barro ou ante terceiros, segundo corresponda.
• Calquera irregularidade ou violación destas normas comporta a descualificación inmediata do participante, que renuncia a calquera nomeamento ou premio que lle sexa proposto.
• A participación no concurso implica o coñecemento e a aceptación das normas indicadas nestas bases. Toda dúbida sobre a interpretación destas normas será resolta polo Concello de Barro.
2.4. Contidos non admitidos: Non está permitido presentar a concurso fotografías con contidos racistas, violentos, ofensivos, degradantes, discriminatorios, de abuso de alcohol ou outras sustancias ilegais ou que a organización considere inadecuados /incompatibles cos obxectivos do concurso.
2.5.Comunicación dos gañadores: A comunicación oficial dos gañadores realizarase o 3 de xaneiro de forma pública a través da páxina web do Concello.
2.6. Responsabilidade.
- Tratándose da internet, o Concello de Barro exclúe calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de toda natureza que, puidesen deberse á utilización indebida dos servizos e dos contidos por parte dos usuarios e de terceiros alleos ao Concello de Barro e, en particular, aínda que non de forma exclusiva, polos danos e prexuízos de toda natureza que poidan deberse á suplantación da personalidade dun terceiro, efectuada por un usuario en calquera clase de comunicación realizada a través de Internet.
Utilización de nome, imaxe dos participantes.
-Os participantes prestan o seu consentimento expreso ao Concello de Barro no caso de que esta entidade decidise utilizar o nome ou imaxe en calquera soporte de comunicación, incluídas páxinas web e redes sociais, etc., con fins informativos ou promocionais, sempre que estas se relacionen coa presente promoción, sen que isto xere dereito a favor dos gañadores a recibir contraprestación algunha por iso. Devandito consentimento préstase de forma gratuíta, por iso, sen limitación territorial nin de soportes e coa vixencia temporal máxima establecida na lei.
Aceptación das bases.
Todos os participantes comprométense polo simple feito de participar á aceptación das condicións expresadas nas presentes bases. Para o coñecemento de calquera litixio que puidese expoñerse en canto á interpretación ou aplicación das presentes bases, tanto o Concello de Barro como os participantes desta promoción sométense expresamente á xurisdición e competencia dos Xulgados e Tribunais de Pontevedra, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles. O Concello de Barro resérvase o dereito de modificar aspectos non substanciais da promoción se as circunstancias esíxeno. Bases dispoñibles na web www.barro.gal