BASES CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ConBdeBarro

  1. Entidade organizadora e obxectivo

 

-O Concello de Barro, organiza o concurso fotográfico #ConBdeBarro.

-Este concurso trata de describir a cultura, a vida, o patrimonio, a natureza e as costumes de cada parroquia do Concello de Barro.

-Coas fotografías, os participantes mostrarán: actividades de tempo libre, traballos, lugares especiais, espazos, paisaxes, etc. que acontezan no rural, en Barro.

 

 

  1. Período e ámbito de aplicación

 

Dende o domingo 19 de xullo de 2020 iniciarase este concurso, para poñer en valor a beleza e o interese de cada parroquia do Concello de Barro.

Seguindo as actividades deseñadas para o verán 2020 dentro do programa “ConBdeBarro” os/as participantes realizarán fotografías vinculadas a cada unha das propostas culturais que se realizarán en cada parroquia.

 

Os participantes enviarán as fotografías de cada parroquia do Concello de Barro ao  

e-mail da OMIX de Barro omix@barro.es. Unha vez recibidas serán publicadas nas redes sociais do Concello de Barro cun código da parroquia correspondente e o hashtag #ConBdeBarro.

 

-A participación é aberta para tódolos interesados.

-No e-mail @ autor/autora indicará a parroquia na que se realiza a fotografía, exemplo: ConBdeBarro: Perdecanai

 

  1. Mecánica, modo de participación e selección de gañadores

 

Durante o período que abrangue dende o domingo 19 de xullo ata o 15 de setembro, as persoas que desexen participar terán que:

 

 • Enviar as fotografías a omix@barro.es

  • As fotografías estarán vinculadas a cada unha das actividades realizadas en cada parroquia de Barro.
  • As fotografías terán as seguinte características:

1024 x 1024 jpg, máximo de 3 megas, máximo base de color en RGB

Tamén se admite branco e negro.

 

  • A temática será libre, podendo realizar fotografías dos eventos culturais, da natureza, do patrimonio, da vida, en cada unha das parroquias.
  • A técnica será libre.
  • A oficina de información xuvenil do Concello de Barro publicará nas redes sociais as fotografías cun código ata o 15 de setembro.

 

 - O concurso #ConBdeBarro estará activo dende o domingo 19 de xullo de 2020 ata martes 15 setembro de 2020:

 

  •  Do 16 ao 30 de setembro, o Concello de Barro seleccionará as fotografía a través dun xurado relacionado co mundo da imaxe, a comunicación ou a fotografía.
  • A partir do 1 de outubro contactarase cos gañadores a través dos e-mail de envío das fotografías.

 

- Só se aceptarán participacións dentro das datas mencionadas.

- Non hai un límite en número de participacións por usuario. O requisito é que, tal e como se especifica no punto anterior, sexan fotografías enviadas dentro do período de participación.

- As fotografías participantes serán propias, así que non serán válidas as participacións con contidos feitos por outras persoas.

- As fotografías presentadas por menores de idade serán responsabilidade do pai, nai ou titor do participante.

- A participación neste concurso implica a aceptación destas bases, e do criterio do Concello de Barro en canto á resolución de calquera cuestión derivada da promoción.

 

  1. Premios

 

- O Concello de Barro escollerá, contando cun xurado relacionado coa imaxe, as mellores fotografías participantes outorgando os seguintes premios:

1º Premio de 200 €

6 Accésits de 50 €.


- As fotografías premiadas serán elixidas por un xurado formado polo alcalde do Concello de Barro (ou persoa na que delegue) e dúas persoas relacionadas co mundo da imaxe.

 

  1. Comunicación dos gañadores.

 

-A comunicación oficial dos gañadores realizarase de forma pública a través das redes sociais e da páxina web do Concello de Barro, así como de forma privada enviando un e-mail aos gañadores/as.

 

 

  1. Das fotografías

 

-Nas fotografías participantes o tema e a técnica serán libres.

-As fotografías participantes deberán ser da autoría do usuario/a que as publique.

-Se nas fotografías aparecese algunha persoa que fose menor de idade na data do concurso, será requisito que o autor/autora posúa un documento de autorización de cesión de dereitos de imaxe dos menores.

 

  1. Datos persoais

 

- Os datos facilitados polos usuarios empregaranse para a comunicación dos gañadores e, ademais, incorporaranse nun ficheiro titularidade do Concello de Barro para usos administrativos e de xestión do concurso.

- Os participantes poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, dirixíndose por escrito ao Rexistro de Entrada do Concello de Barro, Santo Antoniño, Perdecanai, nº 11, 36194 Barro, Pontevedra.

 

  1. Fraude

 

 - O non cumprimento polos participantes das condicións aquí descritas lexitimará ao Concello de Barro a tomar as medidas pertinentes destinadas a evitar abusos e fraudes, eximindo ao mesmo da entrega de premios aos que non cumpran os requirimentos aquí especificados.

- Quedarán excluídos do concurso aqueles usuarios ou participantes que faciliten datos falsos ou que utilicen contas de correo electrónico creadas ad hoc ou á mantenta para suplantar a terceiras persoas, o que comporta unha actuación de engano e fraude, non só respecto diso das presentes bases, senón con respecto ao resto de participantes no concurso.

- O Concello de Barro resérvase o dereito de dar de baixa a aqueles que estean a realizar un mal uso do concurso, realicen actos de fraude ou que prexudiquen a outros participantes.

- No caso de que o Concello de Barro detecte calquera anomalía ou sospeiten que un participante está a impedir o normal desenvolvemento da actividade alterando ilegalmente os seus rexistros mediante calquera procedemento técnico ou informático, ou levando a cabo calquera acto de fraude que contraveña a transparencia do concurso, o Concello de Barro resérvase o dereito de dar de baixa ou mesmo de retirar un premio de forma automática e sen dar explicacións a todos aqueles participantes que se beneficiaron de forma directa ou indirecta deste tipo de actuacións, podendo ademais exercer todas as accións civís ou penais que puidesen corresponder.

 

  1. Responsabilidade.

 

-O Concello de Barro non se responsabiliza das posibles perdas, deterioracións, roubos, atrasos ou calquera outra circunstancia imputable a terceiros ou a Internet que poidan afectar o desenvolvemento do concurso.

- Tratándose da internet, o Concello de Barro exclúe calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de toda natureza que, a pesar das medidas de seguridade adoptadas, puidesen deberse á utilización indebida dos contidos por parte dos usuarios e de terceiros alleos ao Concello de Barro e, en particular, aínda que non de forma exclusiva, polos danos e prexuízos de toda natureza que poidan deberse á suplantación da personalidade dun terceiro, efectuada por un usuario en calquera clase de comunicación realizada a través de Internet.

- Os participantes eximen á organización de calquera responsabilidade que se derive do plaxio ou calquera outra transgresión da lexislación vixente na que puidesen incorrer os participantes.

 

 

 

  1. Dereitos de propiedade intelectual e industrial:

 

 En virtude da participación no concurso, que é voluntaria, a autora ou autor das fotografías premiadas cede en exclusiva a Concello de Barro os dereitos de explotación da obra sen ningún tipo de limitación, abarcando todas as modalidades de explotación. No premio outorgado inclúe a cesión dos dereitos de explotación, de acordo co previsto no artigo 17 do texto refundido da Lei de propiedade intelectual ( TRLPI). De acordo co disposto no artigo 14 do TRLPI, a autora ou autor da fotografía presta a súa autorización para que o Concello de Barro poida modificar, desenvolver ou adaptar a proposta utilizando calquera medio que considere oportuno. O outorgamento do premio non lle concede ao participante ningún dereito para a realización dos traballos de adaptación, desenvolvemento ou impresión das aplicacións das fotografías seleccionadas neste concurso. O Concello de Barro será propietario da fotografía seleccionado e poderá, se fose o caso, e de acordo coa lexislación vixente, rexistralas, co que adquirirá os dereitos de propiedade industrial. Os autores e autoras das propostas presentadas cédenlle de maneira gratuíta ao Concello de Barro os seus dereitos de distribución e de comunicación pública para poder ser mostradas nunha exposición ou formar parte dun catálogo ou dunha publicación sobre esta iniciativa. As persoas participantes son informadas de que a participación na actividade implica que o seu, nome, poida publicarse na web do Concello de Barro e nas redes sociais da OMIX de Barro polo que a participación no mesmo supón o consentimento tácito a tal comunicación pública destes datos.

 

 

 

  1. Aceptación das bases.

 

 Todos os participantes comprométense polo simple feito de participar á aceptación das condicións expresadas nas presentes bases. Para o coñecemento de calquera litixio que puidese expoñerse en canto á interpretación ou aplicación das presentes bases, tanto o Concello de Barro como os participantes desta promoción sométense expresamente á xurisdición e competencia dos Xulgados e Tribunais de Pontevedra, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles. O Concello de Barro resérvase o dereito de modificar aspectos non substanciais da promoción se as circunstancias esíxeno. Bases dispoñibles na web www.barro.gal

 

 

Galería