BASES "AS VERBAS QUE CONTAN" CONCURSO DE CONTOS E HAIKUS EN GALEGO

1. PARTICIPANTES:

Poderán concorrer a este certame, calquera persoa que non sexa profesional nin teña publicado individualmente ningún traballo literario, e que estea empadroada ou escolarizada no Concello de Barro.

2. EXTENSIÓN:

ESTA CONVOCATORIA TEN COMO NOVIDADE O TIPO DE TRABALLO A PRESENTAR: CONTOS E HAIKUS.

2.1.- CONTOS

Os traballos compre que sexan, orixinais e inéditos, en lingua galega e terán unha extensión MÁXIMA de:

• Para alumnado de entre 3 e 5 anos, imprescindible que realicen ilustracións que conten unha historia, cunha extensión máxima de 6 folios por unha cara incluídas a portada e a contraportada (un traballo por aula).

• Para alumnado de primaria a extensión será de tres carillas, tendo en conta que deberá ter estrutura de conto, sendo requisito imprescindible que se acompañen de ilustracións e se presenten no formato facilitado pola organización. Este ano como novidade poden realizar os traballos en conxunto.

• Para alumnado de secundaria, a extensión será como máximo 80 palabras. A presentación dos traballos preferiblemente realizarase a ordenador (letra Arial 12).

• Para as persoas ADULTAS (a partir de 17), a extensión será como máximo 220. A presentación dos traballos preferiblemente realizarase a ordenador (letra Arial 12).

2.2.- HAIKUS

Os traballos compre que sexan, orixinais e inéditos, en lingua galega.

Os haikus escríbense, en tres versos sen rima. Adoitan facer referencia a escenas da natureza ou da vida cotiá, e a miúdo inclúen unha referencia a unha época ou momento do ano.

 

3. PREMIOS

Os agasallos deberán recollelos o día da entrega de premios. A data de entrega publicarase coas persoas gañadoras a segunda semana de maio.

CONTOS

CATEGORÍA  Infantil: (1 traballo por aula) Lote de libros para unir ao fondo de cada biblioteca de aula.

CATEGORÍA 1º e 2ºde Primaria: Gañador/a: 40€

CATEGORÍA 3º e 4º de Primaria: Gañador/a: 40€

CATEGORÍA 5º e 6º de Primaria: Gañador/a: 40€

CATEGORÍA 1º e 2º de secundaria: Gañador/a: 70€

CATEGORÍA 3º e 4º de secundaria: Gañador/a: 70€

CATEGORÍA Para persoas adulta + 17: Gañador/a: 70€

HAIKUS

CATEGORÍA Infantil: (1 traballo por aula) Lote de libros para unir ao fondo de cada biblioteca de aula.

CATEGORÍA 1º e 2ºde Primaria: Gañador/a: 35€

CATEGORÍA 3º e 4º de Primaria: Gañador/a: 35€

CATEGORÍA 5º e 6º de Primaria: Gañador/a: 35€

CATEGORÍA 1º e 2º de secundaria: Gañador/a: 65€

CATEGORÍA 3º e 4º de secundaria: Gañador/a: 65€

CATEGORÍA Para persoas adulta + 17: Gañador/a: 65€

4. PRAZOS

O prazo de presentación dos traballos rematará as 14 horas do xoves 29 de abril de 2021.

1ª criba: do 30 de abril ao 5 de maio

2ª criba: do 6 ao 11 de maio

5. FORMA DE PRESENTACIÓN

Consignarase unha identificación a cada obra (iniciais do nome e apelidos, clase e nº de clase exemplo:

IDENTIFICACIÓN:

  • PAG-1ºA,1 (se o traballo está presentado en conxunto indicarase o código dun representante do grupo).
  • PAG-1ºA,1

En caso de persoas adultas, OMIX e as iniciais do nome e apelidos da persoa, individual ou responsable do grupo, exemplo:

IDENTIFICACIÓN:

  • OMIX-ASP
  • OMIX-ASP

-Estes identificadores corresponderán aos seguintes datos:

  • Nome da persoa ou responsable do grupo
  • Teléfono de contacto

Entregaránse a parte, no momento da entrega da obra, a excepción dos traballos presentados nos centros educativos.

As persoas participantes poderán presentar a obra:

1.- A través do centro educativo (categoría + clase + nº na clase).

2.- Presentando directamente no rexistro do concello. Excepcionalmente pola situación actual provocada polo COVID-19, poderán enviarse ao correo electrónico: omix@barro.es. Os soportes e as presentes bases poderán descargarse na páxina web do concello ou recollerse na OMIX de Barro (Santo Antoniño Perdecanai nº12 36194, Barro Pontevedra) en horario de atención ao público: luns, mércores, venres e sábados de 9 h a 14 h e martes e xoves de 16 h a 21 h. Os teléfonos de información son os seguintes: 986 714 806 / 690 722 812.

O concello entregará as persoas participantes un soporte onde realizar as súas obras. Poderán recollelo na OMIX ou a través das titoras dos centros educativos.

Para a conmemoración das LETRAS GALEGAS, realizaremos a lectura en voz alta dos contos e os Haikus premiados xunto cunha exposición dos Haikus participantes se as condicións sanitarias o permiten.

6. XURADO

O Xurado fará público o seu fallo na segunda semana de maio de 2021. As persoas participantes comprométense a acudir á entrega de premios na data programada e a ler a súa obra se as condicións sanitarios o permiten.

O Xurado estará formado por:

Para a 1º criba:

• Profesorado pertencente ao IES de Barro.

• Profesorado pertencente ao CEIP Amor Ruibal.

O profesorado do CEIP escollerá 2 CONTOS E 2 HAIKUS de:

1º de E.P

2º de E.P.

3º de E.P

4º de E.P

5º de E.P

6º de E.P.

 (podendo ser un número menor se o xurado considera que os traballos presentados non tiveran calidade suficiente)

O profesorado do IES escollerá 2 CONTOS E 2 HAIKUS de:

1º da E.S.O.

2º da E.S.O

3º da E.S.O

4º da E.S.O

(podendo ser un número menor se o xurado considera que os traballos presentados non tiveran calidade suficiente)

Para a 2º criba:

  • Dous escritores/as da provincia de Pontevedra.

Os traballos, seleccionados polo profesorado, serán revisados por dous escritores/as galeg@s. Que serán @s que concedan os diferentes premios segundo a categoría incluída a dos adultos.

Se os traballos presentados non reuniran a suficiente calidade, a proposta do xurado, poderá declararse deserto o premio.

7. DEREITOS DE PROPIEDADE INTELECTUAL SOBRE AS OBRAS PARTICIPANTES

A concesión do premio non implicará a perda da autoría do traballo premiado.

As persoas autoras dos contos participantes ceden de forma gratuíta ao Concello de Barro en exclusiva, quen adquire, de maneira universal e por territorio e tempo ilimitados, libre de regalías, todos os dereitos de explotación dos contos, incluídos os dereitos de reprodución e comunicación pública, e de distribución, para calquera soporte de comunicación e medio.

8. DATOS PERSOAIS

Os datos facilitados polos participantes empregaranse para a comunicación das persoas gañadoras e, ademais, incorporaranse nun ficheiro titularidade do Concello de Barro para usos administrativos e de xestión do concurso.

As persoas participantes poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, dirixíndose por escrito ao Rexistro de Entrada do Concello de Barro, Santo Antoniño, Perdecanai, nº 11, 36194 Barro, Pontevedra.

9. RESPONSABILIDADE.

O Concello de Barro non se responsabiliza das posibles perdas, deterioracións, roubos, atrasos ou calquera outra circunstancia imputable a terceiros que poidan afectar o desenvolvemento do concurso.

Os traballos presentados poderanse retirar polas persoas autoras, previa acreditación da súa pertenza. O prazo para retiralos caducará aos 2 meses de fallado o premio.

10. ACEPTACIÓN DAS BASES.

Todas as persoas participantes comprométense polo simple feito de participar á aceptación das condicións expresadas nas presentes bases. Para o coñecemento de calquera litixio que puidese expoñerse en canto á interpretación ou aplicación das presentes bases, tanto o Concello de Barro como as persoas participantes neste concurso sométense expresamente á xurisdición e competencia dos Xulgados e Tribunais de Pontevedra, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles. O Concello de Barro resérvase o dereito de modificar aspectos non substanciais do concurso se as circunstancias esíxeno. Bases dispoñibles na web www.barro.gal