BASES AÍ FALACHES!

únete ao clan

OBXECTIVOS:
Esta actividade ten tres obxectivos principais:
-Dinamizar a lectura. 
- Por en valor a compresión lectora.
- Incentivar a participación da poboación do Concello de Barro na vida da biblioteca.

Para conseguilo cada colaborador creará unha frase orixinal. Estas aportacións actuarán como eixo dunha actividade de promoción da importancia da comprensión lectora. O slogan, frase breve ou texto curto con certa orixinalidade, empregarase polo Concello de Barro nas accións que esta entidade considere oportunas, tales como publicidade, comunicación, publicacións, edicións, etc. creando con cada colaboración unha entrada nas redes sociais o que creará un ambiente de lectura, comprensión e análise, propicio para por en marcha a segunda das iniciativas “Únete ao Clan do libro”

PARTICIPANTES: 
Cada participante en “Aí falaches” poderá presentar cantas propostas como desexe, sempre que reúnan os requisitos establecidos nas presentes bases. 

PRAZO: 
O prazo de presentación de ideas iníciase o 26 de xuño e ata o 26 de xullo ás 14:00 horas. 
Todas as persoas que presenten propostas serán publicadas nas redes sociais da OMIX de Barro. 
Cada participante, pola súa colaboración, recollerá na biblioteca, unha camiseta como agasallo a partir do día 1 de xullo. 

PREMIO: 
-Premio para os participantes: poderán recoller na OMIX unha camiseta co slogan da campaña “Aí falaches”, previo envío da proposta ao e-mail ou ao teléfono da OMIX  indicando o nome.

PROPOSTAS D@S PARTICIPANTES: 
As propostas enviásense por e-mail a omix@barro.es ou ao teléfono 690722812 Publicándose nos perfís de facebook, twitter e instagram. 

CRONOGRAMA: 
- Recepción de propostas: do 26 de xuño ao 26 de xullo. 
No e-mail: omix@barro.es ou no teléfono 690722812
- Publicación de propostas: a partir do 26 de xuño. 

BASES: A participación nesta actividade implica por parte dos participantes o coñecemento e a aceptación das presentes bases. 

-O Concello de Barro está lexitimado en todo momento para non ter en consideración a participación de frases, palabras que: 
a) Sexan de contido ofensivo, denigrante para as persoas, animais, crenzas, usos e bos costumes. 
b) Atenten contra os dereitos de intimidade, honra e propia imaxe de terceiros, ou que conteñan a modo enunciativo pero non limitativo, connotacións racistas, sexistas, homófobas, e/ou discriminatorias, comentarios, imaxes, etc., obscenos, lascivos, difamatorios ou calquera outro que atenten contra a dignidade de terceiros, contra a moral e/ou contra a orde pública, que inciten ou se refiran á violencia, a prácticas perigosas, comportamentos neglixentes, imprudentes ou ilegais, e que resulten contrarios ao bo gusto, os bos costumes e todos aqueles traballos que poidan causar rexeitamento social. 
c) Non sexan de contido orixinal 
d) Sexan ofensivas contra o Concello de Barro, ou conteñan calquera tipo de publicidade ou reclamo de entidade, marca ou produto.

DEREITOS DE PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL:
 En virtude da participación no concurso, que é voluntaria, a autora ou autor do slogan cede en exclusiva a Concello de Barro os dereitos de explotación da obra sen ningún tipo de limitación, abarcando todas as modalidades de explotación. No premio outorgado inclúe a cesión dos dereitos de explotación, de acordo co previsto no artigo 17 do texto refundido da Lei de propiedade intelectual ( TRLPI). De acordo co disposto no artigo 14 do TRLPI, a autora ou autor do slogan presta a súa autorización para que o Concello de Barro poida modificar, desenvolver ou adaptar a proposta utilizando calquera medio que considere oportuno. O outorgamento do premio non lle concede ao participante ningún dereito para a realización dos traballos de adaptación, desenvolvemento ou impresión das aplicacións da proposta de idea seleccionada neste concurso. O Concello de Barro será propietario do slogan seleccionado e poderá, se fose o caso, e de acordo coa lexislación vixente, rexistralos, co que adquirirá os dereitos de propiedade industrial. Os autores e autoras das propostas presentadas cédenlle de maneira gratuíta ao Concello de Barro os seus dereitos de distribución e de comunicación pública para poder ser mostradas nunha exposición ou formar parte dun catálogo ou dunha publicación sobre esta iniciativa. As persoas participantes son informadas de que a participación na actividade implica que o seu, nome, poida publicarse na web do Concello de Barro e nas redes sociais da OMIX de Barro polo que a participación no mesmo supón o consentimento tácito a tal comunicación pública destes datos. 

RESPONSABILIDADE: 
Os participantes eximen á organización de calquera responsabilidade que se derive do plaxio ou calquera outra transgresión da lexislación vixente na que puidesen incorrer os participantes.