Skip to content

Barro aprende a previrse e a actuar diante dos ataques das velutinas

Moitas grazas ao colectivo de apicultores de Barro por organizar unha xornada tan interesante e tan importante para toda a sociedade e ao conxunto de poñentes por toda a información que nos trasladaron.

Explicáronnos como poder detectar un niño de velutina nas zonas nas que imos facer traballos agrícolas e como actuar no caso de sufrir en primeira persoa un ataque ou no caso de ter que socorrer a outra persoa.

Tamén coñecemos da man dunha vítima os efectos dunha reacción ao veleno deste insecto e aprendemos que é fundamental estar sempre cun teléfono encima para poder comunicar o antes posible a nosa localización e que acabamos de sofrir un ataque, posto que o tempo é crucial para salvar unha vida.

Ademais, tamén nos explicaron que a partir de agora e ata antes do verán é cando temos que poñer trampas para capturar raíñas e evitar a construción de futuros niños.