BANDO REDUCCIÓN CONSUMO AUGA TRAIDA MUNICIPAL 2022

bando reducion conusmo auga traida municipal 2022

USO RESPONSABLE DA AUGA DA TRAÍDA MUNICIPAL

Don Xosé Manuel Fernández Abraldes, Alcalde-Presidente do Concello de Barro, fai saber que:

Estamos vivindo en todo o país unha situación de seca moi preocupante, polo que se fai necesario extremar as precaucións e facer un uso responsable e eficiente da auga.

Aínda que os traballos de impermeabilización dos depósitos están dando bos resultados, xa que se eliminaron moitas perdas de caudal, os mananciais dos que se abastece a traída municipal están mermando moito.

Polo de agora non está previsto ter que realizar cortes no suministro e poderase manter o servizo con normalidade, mais a situación pode empeorar nas vindeiras semanas se continúa sen chover, polo que cómpre actuar con moita responsabilidade.

Como medidas para reducir o consumo de auga traída municipal queda reservado o uso da mesma para os fins domésticos indispensables e, ata que non mellore a situación, non estará permitido facer uso dela para:

  • Rego de hortas e xardíns

  • Lavado de vehículos e baldeos

  • O enchido de piscinas e/ou elementos similares

  • Calquera actividade que non sexa básica e indispensable

     

Ademais destas medidas para a redución do consumo no ámbito privado procederase ao corte do rego dos xardíns públicos e farase unha vixianza extrema da rede de suministro para evitar posibles perdas ou avarías.

Aproveito para agradecer a vosa colaboración facendo un uso responsable da auga nestes momentos de escaseza.

Barro, 27 de xullo do 2022. O Alcalde.