BANDO LIMPEZA PARCELAS INCENDIOS 2021

limpeza parcelas incendios 2021

B A N D O

       O Señor Alcalde do Concello de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes,

        LEMBRA que o 31 de maio remata o prazo establecido pola lei 3/2007 do 9 de abril,  da Xunta de Galicia, de prevención e defensa contra os incendios forestais, que decreta que os titulares de terreos forestais teñen a obriga de realizar unha correcta limpeza das parcelas máis próximas aos núcleos habitados e outras instalacións.

        Segundo a lexislación vixente os responsables da gestión da biomasa meses ámbitos son os propietarios dos terreos, polo que a non actuación sobre estes pode traer consigo sancións económicas por parte da Xunta de Galicia.