BANDO APOIO FAMILIAS AFECTADAS COVID

apoio a familias afectadas polo covid-19jpg

APOIO A FAMILIAS AFECTADAS POLO COVID-19

 

            O Sr. Alcalde do Concello de Barro, D. Xosé Manuel Fernández Abraldes, FAI SABER:

            Diante da situación sanitaria que estamos a vivir e a proliferación de casos nos concellos da nosa controna, ainda que as autoridades sanitarias non nos informan dos casos existentes no noso municipio, mais que a publicación en prensa dos casos dos centros escolares, sabemos de maneira extraoficial de persoas/familias de Barro afectadas ou ben por contaxios ou corentenas preventivas.

            Dende o Concello ofrecemos toda a nosa colaboración para axudar as persoas ou familias afectadas, ao igual que se leva facendo dende mediados de marzo, momento no que se declarou a pandemia. Para solicitar calquera tipo de axuda  poderán poñerse en contacto teléfonico cos números 986 711 002 (oficinas) / 686 938 785 (Protección Civil) ou  enviando un correo electrónico a oficinas@barro.gal.

            Quero lembrar a toda a veciñanza que é necesario estremar as medidas de prevención para evitar a proliferación de contaxios, restrinxir ao máximo a actividade social, extremar as medidas sanitarias (uso mascarillas, lavado de máns e distanciamento social).

            Estamos en contacto permanente co Centro de saúde e cos centros educativos, cos que colaboramos en todo o que nos solicitan e igualmente seguimos estando a disposición, como fixemos sempre, das autoridades sanitarias para levar a cabo todas aquelas actuacións nas que o concello poida colaborar para reducir a pandemia.