Axudas para persoas que esgoten a súa prestación por desemprego.

Solicitude deberá realizarse no prazo máximo de dous meses dende a data en que tivesen esgotado o dereito á prestación

O Ministerio de Emprego e Seguridade Social convoca as axudas económicas de acompañamento pola participación no programa de recualificación profesional da persoas que esgoten a súa protección por desemprego.

Poderán ser beneficiarias deste programa as persoas desempregadas por extinción da súa relación laboral que, dende o 16 de febreiro de 2012 ata o 15 de agosto de 2012, ambos os dous inclusive, esgoten a prestación por desemprego de nivel contributivo e non teñan dereito a calquera dos subsidios por desemprego establecidos no artigo 215 do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, ou ben esgoten algún destes subsidios incluídas as súas prórrogas, e que estean inscritas como demandantes de emprego nos Servizos Públicos de Emprego.

Mais información nas oficinas do INEM, no BOE: 17-02-2012