Axudas para estancias de prácticas formativas non remuneradas

Axudas para estancias de prácticas formativas non remuneradas que se realizarán en empresas de calquera Estado ou país estranxeiro, agás España, e proceder á súa convocatoria.

Prazo de solicitude: ata 28/03/2014

Duración: 8 semanas (agás causa de forza maior debidamente xustificada segundo o establecido no último parágrafo do artigo 14), cun mínimo de 25 horas formativas semanais, e desenvolveranse no período comprendido entre o día seguinte ao da publicación da resolución definitiva de persoas beneficiarias e o 30 de outubro de 2014.

A contía máxima por participante, por 8 semanas nos distintos países, é a indicada na táboa da convocatoria.

Axudas incompatibles con calquera outro tipo de axudas ou bolsas de institucións públicas, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, destinadas a actividades similares, para o mesmo período de tempo.

Requisitos:
a) Ser galego/a e estar empadroado/a en calquera concello de Galicia.
b) Ter entre 18 e 30 anos ao remate do prazo de presentación de solicitudes.
c) Estar en posesión dalgunha das titulacións sinaladas nos parágrafos seguintes, acreditada por calquera centro público ou privado de Galicia, ou estar en condicións de obtela no momento de presentar a solicitude:
– Título de técnico/a ou técnico/a superior (grao medio ou superior) de Formación Profesional, de Ensinanzas Profesionais de Artes Plásticas e Deseño ou de Ensinanzas Deportivas.
– Título universitario de grao ou equivalente (licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a e diplomado/a, arquitecto/a, técnico/a, enxeñeiro/a técnico/a ou titulacións equivalentes das Ensinanzas Artísticas Superiores.
d) Que a dita titulación se obtivese nos cinco anos inmediatamente anteriores á data da convocatoria.
e) Posuír coñecemento da lingua do país de destino elixido na solicitude cun nivel suficiente para desenvolver unha práctica formativa na empresa axeitada ao seu grao de formación académica. O coñecemento do inglés considérase válido como lingua vehicular para calquera país que non teña como lingua oficial o francés, alemán ou italiano.

Máis información:http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140228/AnuncioCA05-210214-0001_es.html