Axudas para actividades de formación en linguas estranxeiras en Galicia

Prazo: Dende o 28/03/2014 ata o 28/04/2014

Duración: O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2014. As datas concretas de realización das actividades daranse a coñecer coa publicación das listaxes definitivas do alumnado seleccionado.

Prezo:As familias achegarán as cantidades que lles correspondan á empresa adxudicataria encargada da organización técnica da actividade, segundo as contías establecidas.

 

Requisitos:

-Estar cursando 1º, 2º, 3º e 4º da educación secundaria obrigatoria; 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2013/14, na Comunidade Autónoma de Galicia.

- Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2012/13.

- Ter acadado no curso 2012/13 unha cualificación mínima de ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato, na área ou materia de lingua inglesa.

- Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.

 

Mais información: na web https://www.edu.xunta.es/axudasle/  no DOG 27-03-2014 ou na OMIX de Barro.