Axudas funcionamento federacións, coordinadoras ou agrupacións de asociacións de vecíños

Convócanse subvencións en réxime de concorrencia competitiva en favor das confederacións, federacións, coordinadoras ou agrupacións de asociacións de veciños de Galicia, en diante entidades, con destino á programación e desenvolvemento durante o ano 2008 de actividades propias e gastos correntes de funcionamento. 

Estas entidades deberán, en todo caso, estar debidamente inscritas no Rexistro Central ou nos rexistros provinciais de asociacións da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, non sendo consideradas as solicitudes das entidades non inscritas e coa totalidade dos seus datos actualizados na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes 

Publicación: DOG de 2 de xaneiro de 2008
Data de inicio: 02.01.2008
Remata o prazo: 02.02.2008
Prazo: 1 mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Entidade: Xunta de Galicia