Axudas económicas para atención da primeira infancia en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos

Data:22/08/2011
Solicitantes:
a) Ter unha/un nena/o a cargo nacida/o con posterioridade a 31 de decembro de 2008.
b) Non dispoñer doutras axudas, para igual ou análoga finalidade, outorgadas por outros organismos ou institucións públicas.
c) Que a renda per cápita mensual da unidade familiar non supere os 1.000 euros.
2. As/os solicitantes que se encontren no suposto do artigo 3.1.2 deberán acreditar, ademais dos anteriores, os seguintes requisitos:
a) Ter cumpridos a/o nena/o a cargo 3 meses na data de ingreso.
b) Ter presentada a solicitude de praza e quedar na lista de espera para o ingreso nunha escola infantil 0-3 sostida con fondos públicos, no suposto do artigo 3.1.2.a).
c) Que existan prazas correspondentes ao grupo de idade da/do nena/o nos centros partícipes do programa no concello de residencia da persoa beneficiaria, noutro que sexa limítrofe ou ben no concello onde traballen as/os nais/pais ou titores legais.
Mais Información: na OMIX de Barro ou en www.xunta.es.