Axudas activiades culturais que organicen persoas xurídicas sen fin de lucro

Axudas económicas para promover, fomentar e difundir aquelas actividades culturais que organicen as persoas xurídicas sen fin de lucro no seu ámbito territorial e, excepcionalmente, fóra deste, cando teñan relevancia para os intereses provinciais, durante o exercicio actual, así como as destinadas a recuperar o patrimonio provincial: tradicional, histórico, folclórico, arquitectónico, etnográfico, lingüístico, etc., sendo prioritarias nesta convocatoria as accóns tendentes a mellorar a calidade de todas as manifestacións culturais contribuíndo á modernización e recuperación da nosa cultura así como as tendentes a xerar beneficios no seu contorno. 

Beneficiario: Poderán solicitar estas axudas as persoas físicas e xurídicas, que reúnan os seguintes requisitos: 

1. Carecer de fins de lucro (Acreditándose en declaración responsable do representante).
2. Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial da provincia de Pontevedra ou sobre temas de interese para a provincia
3. Non estar incursa en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percibir axudas ou subvencións públicas
4. Estar ó corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social 

Publicación: BOP de Pontevedra de 16 de xaneiro de 2008
Data de inicio: 16.01.2008
Remata o prazo: 28.02.2008
Prazo: 28 de febreiro de 2008
Entidade: Deputación Provincial de Pontevedra