Axenda 21

A Axenda 21 é un programa para desenrolar a sostenibilidade a nivel mundial, aprobado por 173 gobernos na Conferencia das Nacións Unidas sobre Medio Ambiente e Desenvolvemento celebrada en Río de Xaneiro en 1992. Abarca aspectos económicos, sociais e culturais, así como relativos á protección do Medio Ambiente. O seu capítulo 28 anima ás comunidades locais a creala súa propia versión, unha Axenda 21 Local.

A Axenda 21 Local é un sistema en que as autoridades locais traballan en asociación con tódolos sectores da comunidade local para preparar planes de acción para aplicala sostenibilidade a escala local. É algo máis que un proxecto "verde". Trátase da integración ambiental, económica, social e cultural, así coma da calidade de vida da poboación local. É un proceso aberto e participativo dirixido a conseguir que os municipios sexan máis sostibeis.

O certo é que gran parte dos obxectivos da Axenda 21 dependen case en exclusiva do papel das comunidades locais. É dicir, das decisións, actitudes e comportamentos dos cidadáns e autoridades locais. Estas últimas ocúpanse da creación, o funcionamento e o mantemento da infraestrutura  económica, social e ecolóxica, supervisan os procesos de planificación, establecen as políticas e regulamentacións ecolóxicas locais e contribúen á execución das políticas ambientais nos planos nacional e internacional. Grazas á súa proximidade ós cidadáns, desempeñan unha función importantísima na educación e mobilización da cidadanía en pro do desenvolvemento sostible.

Declaración de Rio sobre o Medio Ambiente e o Desenvolvemento.

A Conferéncia das Nacións Unidas sobre o Medio Ambiente e o Desenvolvemento, reuníndose en Rio de Xaneiro do 3 ó 14 de xuño de 1992, reafirmando a Declaración da Conferencia das Nacións Unidas sobre o Medio Humano, aprobada en Estocolmo o 16 de xuño de 1972, e tratando de basearse nela, co obxectivo de establecer unha alianza mundial nova e equitativa mediante a creación de novos niveis de cooperación entre os Estados, os sectores claves das sociedades e as persoas, procurando alcanzar acordos internacionais nos que se respecten os intereses de todos e se protexa a integridade do sistema ambiental e de desenvolvemento mundial, recoñecendo a natureza integral e interdependente da Terra, o noso fogar, proclama que:

PRINCIPIO 1
Os seres humanos constitúen o centro das preocupacións relacionadas co desenvolvemento sostible. Teñen dereito a unha vida saudable e produtiva en harmonía coa natureza.

PRINCIPIO 2
De conformidade coa Carta das Nacións Unidas e os principios do dereito internacional, os Estados teñen o dereito soberano de aproveitalos seus propios recursos segundo as súas propias políticas ambientais e de desenvolvemento, e a responsabilidade de velar por que as actividades realizadas dentro da súa xurisdición ou baixo o seu control non causen danos ó medio ambiente doutros Estados ou de zonas que estean fóra dos límites da xurisdición nacional.

PRINCIPIO 3
O dereito ó desenvolvemento debe exercerse en forma tal que responda equitativamente ás necesidades de desenvolvemento e ambientais das xeracións presentes e futuras.

PRINCIPIO 4
A fin de alcanzalo desenvolvemento sostibel, a protección do medio ambiente deberá constituír parte integrante do proceso de desenvolvemento e non poderá considerarse en forma illada.

PRINCIPIO 5
Tódolos Estados e tódalas persoas deberán cooperar na tarefa esencial de erradicala pobreza como requisito indispensabel do desenvolvemento sostibel, a fin de reducilas disparidades nos niveis de vida e responder mellor ás necesidades da maioría dos pobos do mundo.

PRINCIPIO 6
Deberase dar especial prioridade á situación e as necesidades especiais dos países en desenvolvemento, en particular os países menos adiantados e os máis vulnerables dende o punto de vista ambiental. Nas medidas internacionais que se adopten con respecto ó medio ambiente e ó desenvolvemento tamén se deberían ter en conta os intereses e as necesidades de tódolos países.

PRINCIPIO 7
Os Estados deberán cooperar con espírito de solidariedade mundial para conservar, protexer e restablecela saúde e a integridade do ecosistema da Terra. En vista de que contribuíron en distinta medida á degradación do medio ambiente mundial, os Estados teñen responsabilidades comúns pero diferenciadas. Os países desenrolados recoñecen a responsabilidade que lles cabe na busca internacional do desenvolvemento sostibel, en vista das presións que as súas sociedades exercen no medio ambiente mundial e das tecnoloxías e os recursos financeiros de que dispón.

PRINCIPIO 8
Para alcanzalo desenvolvemento sostibel e unha mellor calidade de vida para tódalas persoas, os Estados deberían reducir e eliminalas modalidades de produción e consumo insostenibeis e fomentar políticas demográficas apropiadas.

PRINCIPIO 9
Os Estados deberían cooperar no fortalecemento da súa propia capacidade de logralo desenvolvemento sostibel, aumentando o saber científico mediante o intercambio de coñecementos científicos e tecnolóxicos, e intensificando o desenvolvemento, a adaptación, a difusión e a transferencia de tecnoloxías, entre estas, tecnoloxías novas e innovadoras.

PRINCIPIO 10
O mellor modo de tratalas cuestións ambientais é coa participación de tódolos cidadáns interesados, no nivel que corresponda. No plano nacional, toda persoa deberá ter acceso adecuado á información sobre o medio ambiente de que dispoñan as autoridades públicas, incluída a información sobre os materiais e as actividades que encerran perigo nas súas comunidades, así como a oportunidade de participar nos procesos de adopción de decisións. Os Estados deberán facilitar e fomentala sensibilización e a participación da poboación poñendo a información a disposición de todos. Deberá proporcionarse acceso efectivo ós procedementos xudiciais e administrativos, entre estes o resarcimento de danos e os recursos pertinentes. 

PRINCIPIO 11
Os Estados deberán promulgar leis eficaces sobre o medio ambiente. As normas, os obxectivos de ordenación e as prioridades ambientais deberían reflectilo contexto ambiental e de desenvolvemento ó que se aplican. As normas aplicadas por algúns países poden resultar inadecuadas e representar un custo social e económico inxustificado para outros países, en particular os países en desenvolvemento.

PRINCIPIO 12
Os Estados deberían cooperar na promoción dun sistema económico internacional favorabel e aberto que levase ó crecemento económico e o desenvolvemento sostible de tódolos países, a fin de abordar en mellor forma os problemas da degradación ambiental. As medidas de política comercial con fins ambientais non deberían constituír un medio de discriminación arbitraria ou inxustificabel nin unha restrición velada do comercio internacional. Deberíase evitar tomar medidas unilaterais para solucionalos problemas ambientais que se producen fóra da xurisdición do país importador. As medidas destinadas a tratalos problemas ambientais transfronteirizos ou mundiais deberían, na medida do posible, basearse nun consenso internacional.

PRINCIPIO 13
Os Estados deberán desenrolar a lexislación nacional relativa á responsabilidade e a indemnización respecto das vítimas da contaminación e outros danos ambientais. Os Estados deberán cooperar asimesmo de maneira expedita e mais decidida na elaboración de novas leis internacionais sobre responsabilidade e indemnización polos efectos adversos dos danos ambientais causados polas actividades realizadas dentro da súa xurisdición, ou baixo o seu control, en zonas situadas fóra da súa xurisdición.

PRINCIPIO 14
Os Estados deberían cooperar efectivamente para desalentar ou evitala reubicación e a transferencia a outros Estados de calquera actividades e sustancias que causen degradación ambiental grave ou considérense nocivas para a saúde humana.

PRINCIPIO 15
Co fin de protexelo medio ambiente, os Estados deberán aplicar amplamente o criterio de precaución conforme ás súas capacidades. Cando exista perigo de dano grave ou irreversibel, a falla de certeza científica absoluta non deberá utilizarse como razon para postergar a adopción de medidas eficaces en función dos costos para impedila degradación do medio ambiente.

PRINCIPIO 16
As autoridades nacionais deberían procurar fomenta-la internalización dos costos ambientais e o uso de instrumentos económicos, tendo en conta o criterio de que o que contamina debe, en principio, cargar cos costos da contaminación, tendo debidamente en conta o interese público e sen distorsionar o comercio nin as inversións internacionais.

PRINCIPIO 17
Deberá emprenderse unha avaliación do impacto ambiental, en calidade de instrumento nacional, respecto de calquera actividade proposta que probablemente haxa de producir un impacto negativo considerable no medio ambiente e que este suxeita á decisión dunha autoridade nacional competente.

PRINCIPIO 18 
Os Estados deberán notificar inmediatamente a outros Estados dos desastres naturais ou outras situacións de emerxencia que poidan producir efectos nocivos súbitos no medio ambiente deses Estados. A comunidade internacional deberá facer todo o posibel por axudar ós Estados que resulten afectados.

PRINCIPIO 19
Os Estados deberán proporcionala información pertinente e notificar previamente e en forma oportuna ós Estados que posiblemente resulten afectados por actividades que poidan ter considerables efectos ambientais transfronteirizos adversos, e deberán celebrar consultas con eses Estados nunha data temperana e de boa fe.

PRINCIPIO 20
As mulleres desempeñan un papel fundamental na ordenación do medio ambiente e no desenvolvemento. É, por tanto, imprescindibel contar coa súa plena participación para logralo desenvolvemento sostibel.

PRINCIPIO 21
Debería mobilizarse a creatividade, os ideais e o valor dos xóvenes do mundo para forxar unha alianza mundial orientada a logralo desenvolvemento sostibel e asegurar un mellor futuro para todos.

PRINCIPIO 22
As poboacións indíxenas e as súas comunidades, así como outras comunidades locais, desempeñan un papel fundamental na ordenación do medio ambiente e no desenvolvemento debido ós seus coñecementos e prácticas tradicionais. Os Estados deberían recoñecer e apoiar debidamente a súa identidade, cultura e intereses e facer posibel a súa participación efectiva no logro do desenvolvemento sostible.

PRINCIPIO 23
Deben protexerse o medio ambiente e os recursos naturais dos pobos sometidos a opresión, dominación e ocupación.

PRINCIPIO 24
A guerra é, por definición, inimiga do desenvolvemento sostibel. En consecuencia, os Estados deberán respectalas disposicións de dereito internacional que protexen ó medio ambiente en épocas de conflito armado, e cooperar no seu ulterior desenvolvemento, según sexa necesario.

PRINCIPIO 25
A paz, o desenvolvemento e a protección do medio ambiente son interdependentes e inseparabeis.

PRINCIPIO 26
Os Estados deberán resolver pacíficamente tódalas súas controversias sobre o medio ambiente por medios que corresponda con arranxo á Carta das Nacións Unidas

PRINCIPIO 27
Os Estados e as persoas deberán cooperar de boa fe e con espirito de solidariedade na aplicación dos principios consagrados nesta Declaración e no ulterior desenvolvemento do dereito internacional na esfera do desenvolvemento sostibel.

Estructura da AXENDA 21

Sección I. Dimensións sociais e económicas
2. Cooperación internacional para aceleralo desenvolvemento sostibel dos países  en densenrolo e políticas internas conexas
3. Loita contra a pobreza
4. Evolución das modalidades de consumo
5. Dinámica demográfica e sostenibilidade
6. Protección e fomento da saúde humana
7. Fomento do desenvolvemento sostible dos recursos humanos
8. Integración do medio ambiente e o desenvolvemento na adopción de decisións
 
Sección II. Conservación e xestión dos recursos para o desenvolvemento
9.  Protección da atmosfera
10. Enfoque integrado da planificación e a ordenación dos recursos de terras
11. Loita contra a deforestación
12. Ordenación dos ecosistemas fráxiles: loita contra a desertificación e a seca
13. Ordenación dos ecosistemas fráxiles: desenvolvemento sostibel das zonas de montaña
14. Fomento da agricultura e do desenvolvemento rural sostibel
15. Conservación da diversidade biolóxica
16. Xestión ecoloxicamente racional da biotecnoloxía
17. Protección dos océanos e dos mares de todo tipo, incluídos os mares pechados e semipechados, e das zonas costeiras, e protección, utilización racional e desenvolvemento dos seus recursos vivos 
18. Protección da calidade e o subministro dos recursos de auga doce: aplicación de criterios integrados para o aproveitamento, ordenación e uso dos recursos de auga doce
19. Xestión ecoloxicamente racional dos produtos químicos tóxicos, incluída a prevención do tráfico internacional ilícito de produtos tóxicos e perigosos
20. Xestión ecoloxicamente racional dos desfeitos perigosos, incluída a prevención do tráfico internacional ilícito de desfeitos perigosos
21. Xestión ecoloxicomente racional dos desfeitos sólidos e cuestións relacionadas coas augas cloacais
22. Xestión inocua e ecoloxicamente racional dos desfeitos radiactivos
 
Sección III. Fortalecemento do papel dos grupos principais
23. Preámbulo
24. Medidas mundiais en favor da muller para lograr un desenvolvemento sostible e equitativo
25. A infancia e a xuventude no desenvolvemento sostible
26. Recoñecemento e fortalecemento do papel das poboacións indíxenas e as súas comunidades
27. Fortalecemento do papel das organizacións non gubernamental: asociadas na búsqueda dun desenvolvemento sostible
28. Iniciativas das autoridades locais en apoio do Programa 21
29. Fortalecemento do papel dos traballadores e os seus sindicatos
30. Fortalecemento do papel do comercio e a industria 
31. A comunidade científica e tecnolóxica
32. Fortalecemento do papel dos agricultores
 
Sección IV.  Medios de execución
33. Recursos e mecanismos de financiamento
34. Transferencia de tecnoloxía ecoloxicamente racional, cooperación e aumento da capacidade
35. A ciencia pora o desenvolvemento sostible
36. Fomento da educación, a capacitación e a toma de conciencia
37. Mecanismos nacionais e cooperación internacional pora aumentala capacidade nacional nos países en desenvolvemento
38. Arranxos institucionais internacionais
39. Instrumentos e mecanismos xurídicos internacionais
40. Información para a adopción de decisións