As verbas que contan
Concurso prosa e verso en galego.
1. PARTICIPANTES:
Poderán concorrer a este certame, calquera persoa que non sexa profesional nin teña publicado individualmente ningún traballo literario, e que estea empadroada ou escolarizada no Concello de Barro.
2. EXTENSIÓN:
Esta convocatoria ten como novidade o tipo de composicións a presentar, en prosa: contos ou microrrelatos e en verso: acrósticos, caligramas ou haikus.
2.1.- PROSA: CONTOS E MICRO RELATOS
Os traballos cómpre que sexan, orixinais e inéditos e en lingua galega. Terán unha extensión MÁXIMA de:
• Para alumnado de entre 3 e 5 anos, imprescindible que realicen ilustracións que conten unha historia, cunha extensión máxima de 6 folios por unha cara incluídas a portada e a contraportada (un traballo por aula).
• Para alumnado de primaria a extensión será de tres carillas, tendo en conta que deberá ter estrutura de conto, sendo requisito imprescindible que se acompañen de ilustracións e se presenten no formato facilitado pola organización. Poden realizar os traballos en conxunto.
• Para alumnado de secundaria, a extensión será como máximo 80 palabras. A presentación do traballo, preferiblemente, realizarase a ordenador (letra Arial 12), acompañado dunha ilustración.
• Para as persoas ADULTAS (a partir de 17), a extensión será como máximo 220. A presentación dos traballos preferiblemente realizarase a ordenador (letra Arial 12).
2.2.- VERSO: ACRÓSTICOS, CALIGRAMAS E HAIKUS
Os traballos compre que sexan, orixinais, inéditos, en lingua galega e estean acompañados dunha ilustración.
3. PREMIOS
Os agasallos deberán recollelos o día da entrega de premios. A data de entrega publicarase coas persoas gañadoras a terceira semana de maio.
PROSA: CONTOS E MICRO RELATOS
VERSO: ACRÓSTICOS, CALIGRAMAS E HAIKUS
4. PRAZOS
O prazo de presentación dos traballos rematará as 14 horas do mércores 4 de maio de 2022.
1ª criba: do 5 de maio ao 10 de maio
2ª criba: do 10 ao 16 de maio
5. FORMA DE PRESENTACIÓN
Consignarase unha identificación a cada obra (tipo de traballo, iniciais do nome e apelidos, clase e nº de clase exemplo:
IDENTIFICACIÓN:
En caso de persoas adultas, tipo de traballo, OMIX e as iniciais do nome e apelidos da persoa, exemplo:
IDENTIFICACIÓN:
-Estes identificadores corresponderán aos datos de contacto, recollidos na instancia de participación (entregaranse a parte, no momento da entrega da obra, a excepción dos traballos presentados nos centros educativos).
As persoas participantes poderán presentar a obra:
1.- A través do centro educativo (Prosa ou verso + tipo + clase + nº na clase).
2.- Presentando directamente no rexistro do concello. Excepcionalmente pola situación actual provocada polo COVID-19, poderán enviarse ao correo electrónico: omix@barro.es. Os soportes e as presentes bases poderán descargarse na páxina web do concello ou recollerse na OMIX de Barro (Santo Antoniño Perdecanai nº12 36194, Barro Pontevedra) en horario de atención ao público: luns, mércores, venres e sábados de 9 h a 14 h e martes e xoves de 16 h a 21 h. Os teléfonos de información son os seguintes: 986 714 806 / 690 722 812.
O concello entregará as persoas participantes un soporte onde realizar as súas obras. Poderán recollelo na OMIX ou a través das titoras dos centros educativos.
Para a conmemoración das LETRAS GALEGAS, realizaremos a lectura en voz alta dos traballos premiados xunto cunha exposición dos participantes, se as condicións sanitarias o permiten.
6. XURADO
O Xurado fará público o seu fallo na terceira semana de maio de 2022. As persoas participantes comprométense a acudir á entrega de premios na data programada e a ler a súa obra se as condicións sanitarios o permiten.
O Xurado estará formado por:
Para a 1ª criba:
• Profesorado pertencente ao IES de Barro.
• Profesorado pertencente ao CEIP Amor Ruibal.
O profesorado do CEIP escollerá en PROSA 4 contos ou microrrelatos e en VERSO 4 acrósticos, caligrama ou haikus de:
1º de E.P
2º de E.P.
3º de E.P
4º de E.P
5º de E.P
6º de E.P.
(podendo ser un número menor se o xurado considera que os traballos presentados non tiveran calidade suficiente)
O profesorado do IES escollerá escollerá en PROSA 4 contos ou microrrelatos e en VERSO 4 acrósticos, caligrama ou haikus de:
1º da ESO
2º da ESO
3º da ESO
4º da ESO
(podendo ser un número menor se o xurado considera que os traballos presentados non tiveran calidade suficiente)
-Os seleccionados recibirán unha mención de finalistas.
Para a 2ª criba:
Os traballos, seleccionados polo profesorado, serán revisados por dous escritores/as galeg@s. Que serán @s que proporán os diferentes premios, segundo a categoría, incluída a dos adultos.
Se os traballos presentados non reuniran a suficiente calidade, a proposta do xurado, poderá declararse deserto o premio.
7. DEREITOS DE PROPIEDADE INTELECTUAL SOBRE AS OBRAS PARTICIPANTES
A concesión do premio non implicará a perda da autoría do traballo premiado.
As persoas autoras dos contos participantes ceden de forma gratuíta ao Concello de Barro en exclusiva, quen adquire, de maneira universal e por territorio e tempo ilimitados, libre de regalías, todos os dereitos de explotación dos contos, incluídos os dereitos de reprodución e comunicación pública, e de distribución, para calquera soporte de comunicación e medio.
O Concello de Barro realizará unha publicación en papel e outra en formato dixital coas obras premiadas e finalistas.
8. DATOS PERSOAIS
De conformidade co disposto no Regulamento (UE) 2016/679, do 27 de abril (GDPR), e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro (LOPDGDD), informamos de que os os datos persoais serán tratados baixo a responsabilidade do Concello de Barro para a xestión deste certame, por ser necesario para o mantemento da relación que implica este concurso, e para publicar os datos do/a gañador/a, nos medios de comunicación, mediante a obtención do consentimento obtido a través da ficha de inscrición.
Conservaranse os datos durante non máis tempo do necesario para manter os fins do tratamento ou mentres existan prescricións legais que ditaminen a súa custodia. Non se comunicarán os datos a terceiros sen o seu consentimento.
Así mesmo, informamos do dereito a revogar os consentimentos en calquera momento e a exercer os dereitos de acceso, rectificación, portabilidade e supresión dos datos e os de limitación e oposición ao tratamento dirixíndome ó Departamento OMIX, Concello de Barro, Casa Consistorial San Antoniño nº11, Perdecanai. Cp.36194 Barro, Pontevedra. Correo electrónico: omix@barro.es. Tamén informamos da posibilidade de reclamar perante a autoridade de control en www.aepd.es.
9. RESPONSABILIDADE.
O Concello de Barro non se responsabiliza das posibles perdas, deterioracións, roubos, atrasos ou calquera outra circunstancia imputable a terceiros que poidan afectar o desenvolvemento do concurso.
Os traballos presentados poderanse retirar polas persoas autoras, previa acreditación da súa pertenza. O prazo para retiralos caducará aos 2 meses de fallado o premio.
10. ACEPTACIÓN DAS BASES.
Todas as persoas participantes comprométense polo simple feito de participar á aceptación das condicións expresadas nas presentes bases. Para o coñecemento de calquera litixio que puidese expoñerse en canto á interpretación ou aplicación das presentes bases, tanto o Concello de Barro como as persoas participantes neste concurso sométense expresamente á xurisdición e competencia dos Xulgados e Tribunais de Pontevedra, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles. O Concello de Barro resérvase o dereito de modificar aspectos non substanciais do concurso se as circunstancias esíxeno. Bases dispoñibles na web www.barro.gal