APRAZAMENTO ACTUACIÓNS XLII FESTA DO VIÑO

aprazamento concertos do viño

BARRO APRAZA OS CONCERTOS DO VIÑO POR CAUSA DAS PREVISIÓNS DE CHOIVA PARA A FIN DE SEMANA

O Goberno municipal tomou a decisión de aprazar os Concertos do Viño programados para esta fin de semana por causa das previsións de choiva tanto para o sábado como para o domingo e ante a imposibilidade de trasladar o evento a un lugar cuberto cumprindo coas normas de distanciamento social ditadas polas autoridades sanitarias. 

O concello xa está buscando novas datas para a realización deste evento. Cómpre gardar as entradas, pois serán as mesmas para as novas datas.