Apertura prazo listas diferentes categorías Sergas

 Prazo:  ata 30/11/ 2011

Abriuse o prazo para a inscrición das persoas aspirantes interesadas en presentar a súa solicitude nas listas que se confeccionen en aplicación do pacto de selección temporal de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde (DOG 09/05/2011), para o acceso ás vinculacións temporais neste organismo, nas seguintes categorías de persoal:


1.Técnico superior en anatomía patolóxica e citoloxía
2.Técnico superior en radioterapia
3.Técnico superior en hixiene bucodental
4.Técnico superior en imaxe para o diagnóstico clínico (antes TER)
5.Técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico


Meritos nesta primeira xeración de listas serán os causados ata o día 15 de novembro de 2011, coa puntuación e número de orde que resulte da aplicación dos baremos OPE 2008-2009.


 As persoas aspirantes poderán solicitar a súa inclusión nunha ou máis das categorías convocadas, por ser estas compatibles, ben que nunha única área/zona.


 Requisitos:
1. Para a lista de técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía (deberá posuír, alomenos, unha das indicadas):
• Título de técnico especialista en anatomía patolóxica (FP2, rama sanitaria).
• Título de técnico especialista en anatomía patolóxica e citoloxía (módulo profesional nivel 3, rama sanitaria).
• Técnico superior en anatomía patolóxica e citoloxía.


2. Para a lista de técnico/a superior en radioterapia (deberá posuír, alomenos, unha das indicadas):
• Título de técnico especialista en radioterapia (FP2, rama sanitaria).
• Título de técnico especialista en medicina nuclear (FP2, rama sanitaria).
• Técnico superior en radioterapia.


3. Para a lista de técnico/a superior en hixiene bucodental (deberá posuír, alomenos, unha das indicadas):
• Título de técnico especialista en hixiene bucodental (FP2, rama sanitaria).
• Técnico superior en hixiene bucodental.


4. Para la lista de técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico clínico (deberá posuír, alomenos, unha das indicadas):
• Título de técnico especialista en imaxen para o diagnóstico clínico (FP2, rama sanitaria).
• Título de técnico especialista en medicina nuclear (FP2, rama sanitaria).
• Técnico superior en imaxe para o diagnóstico.


5. Para a lista de técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico (deberá posuír,alomenos, unha das indicadas):
• Título de técnico especialista en laboratorio (FP2, rama sanitaria).
• Técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico.

 Máis información: Na OMIX de Barro ou no DOG 28/10/2011