1ª xeración de listas até 26/04/2012.
Requisitos:
- Para a primeira xeración de listas, poderanse formalizar as solicitudes desde o 27 de marzo ata o 26 de abril de 2012.
- Unha vez xeradas as primeiras listas, a inscrición será aberta e permanente.
- Nacionalidade española, dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún Estado no que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as.
- Ter cumpridos os 16 anos de idade e non exceder da idade de xubilación forzosa.
Inscricións: nos modelos formalizados de instancia e a través do currículo profesional habilitado electronicamente na páxina web do organismo http://www.sergas.es/, no punto FIDES/expedient-e, imprimir o formulario en papel e formalizar o rexistro administrativo. As solicitudes en papel, que resultan da impresión da inscrición automatizada, poderán presentarse nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, nos rexistros das direccións provinciais do Servizo Galego de Saúde e nos rexistros dos centros hospitalarios e das xerencias de Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde, e nas Xerencias de Área de Xestión Integrada, de ser o caso, así como nos órganos e nas condicións ás que se refire o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Mais información: DOG ou na OMIX de Concello de Barro.