Apertura do prazo de inscrición en diversas categorías sanitarias do Sergas.

Prazo 1ª xeración de listas até 26/04/2012.

Requisitos:
Nacionalidade española, dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea ou dalgún Estado no que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as.
Ter cumpridos os 16 anos de idade e non exceder da idade de xubilación forzosa.

 

Lista de técnico/a superior en Prevención de Riscos Laborais: Título universitario de grao, Licenciado/a ou Enxeñeiro/a ou arquitecto/a. Formación complementaria: Formación acreditada nas tres disciplinas: seguridade no traballo, hixiene industrial e ergonomía e psicosocioloxía aplicada.
Lista de técnico/a de grao medio en Prevención de Riscos Laborais: Título universitario de grao, Diplomado/a universitario/a ou equivalente ou Enxeñeiro/a técnico/a ou arquitecto/a técnico/a. Formación complementaria: Formación acreditada nas tres disciplinas: seguridade no traballo, hixiene industrial e ergonomía e psicosocioloxía aplicada.
Lista de Traballador/a Social: Título de diplomado universitario en Traballo Social ou Grao en Traballo Social.
Lista de Facultativo/a especialista en Psicoloxía Clínica: Título de Psicólogo/a especialista en psicoloxía clínica expedido polo Ministerio de Educación e Ciencia.
Lista de Logopeda: Grao en Logopedia, Diplomado universitario en Logopedia ou Licenciado ou diplomado universitario co programa de posgrao de especialista en Psicopatoloxía da linguaxe e a súa rehabilitación.
1ª xeración de listas: poderanse formalizar as solicitudes desde o 27 de marzo ata o 26 de abril de 2012.  
Unha vez xeradas as primeiras listas, a inscrición será aberta e permanente.

Inscricións: nos modelos formalizados de instancia e a través do currículo profesional habilitado electronicamente na páxina web do organismo http://www.sergas.es/, no punto FIDES/expedient-e, imprimir o formulario en papel e formalizar o rexistro administrativo. As solicitudes en papel, que resultan da impresión da inscrición automatizada, poderán presentarse nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, nos rexistros das direccións provinciais do Servizo Galego de Saúde e nos rexistros dos centros hospitalarios e das xerencias de atención primaria do Servizo Galego de Saúde, e nas xerencias de Área de Xestión Integrada, de ser o caso, así coma nos órganos e nas condicións a que se refire o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Mais información: DOG: 26-03-2012