ALCALDIA

O REAL DECRETO 2568/1986, DE 28 DE NOVEMBRO (ROF), di sobre as atribucións do Alcalde:

"Artígo 41. O Alcalde preside a Corporación e ostenta as seguintes atribucións:

1. Representar ó Concello e presidir tódolos actos públicos que se celebren no termo municipal, sen perxuicio do disposto no Reglamento de Protocolo. 
2. Dirixir o goberno e administración municipais e no marco doReglamento orgánico, a organización dos servizos administrativos da Corporación. 
3. Nomear e cesar ós Tenente de Alcalde e ós membros da Comisión de Goberno, se esta existise.
4. Convocar e presidi-las sesións do Pleno, da Comisión de Goberno e de calesquera outros órganos municipais, así como decidi-los empates con voto de calidade.
5. Facer cumpli-las Ordenanzas e Reglamentos municipais. Dirixir, impulsar e inspecciona-las obras e servicios cuia ejecución ou realización fora acordada, recabando os asesoramentos técnicos necesarios.
7. Exixir a tódolos obligados o exacto e dilixente cumprimento dos servicios ou cargas de carácter público, tales como estadísticas, padróns, censos, bagaxes, aloxamentos e prestacións personais e de transportes.
8. Dirixir a Policía urbana, rural, sanitaria, de subsistencia, de seguridade e circulación e de costumes, publicando ó efecto bandos, órdenes ou circulares de instruccións.
9. A concesión de licencias de apertura de establecementos fabriles, industriais ou comerciais e de cualquera outra índole, e de licencias de obras en xeral, salvo que as ordenanzas ou as Leis sectoriais atribúana expresamente ó Pleno ou á Comisión de Goberno.
10. Presidir subastas e concursos para venta, arrendamentos, obras, servicios e suministros, e adxudicar definitivamente, con arreglo ás leis, o que sexan da súa competencia e provisionalmente aqueles en que haxa de decidi-la Corporación.
11.
1. A contratación e concesión de obras, servizos e suministros cuia cantía non exceda do 5 por 100 dos recursos ordinarios do orzamento, nin do 50 por 100 do límite xeral aplicable á contratación directa, así como de todos aqueles outros que, excedendo da citada cantía, teñan unha duración non superior a un ano ou non exixan créditos superiores ós consignados no orzamento anual.
2. A preparación e adxudicación de tales contratos suxetarase ó previsto no procedemento legalmente establecido en cada caso.

12. Suscribir escrituras, documentos e pólizas.
13. Dictar bandos.
14. Desempeña-la Xefatura superior de todo o persoal dla Corporación e como Xefe directo do mesmo exercer tódalas atribucións en materia de persoal que non sexan da competencia do Pleno nin da Administración do Estado e, en particular, as seguintes:

a) Efectuar as convocatorias derivadas da oferta anual de emprego público, de conformidade coas bases aprobadas polo Pleno da Corporación, e nomear funcionarios de carreira da Corporación, a proposta do Tribunal, ós que superen as correspondentes probas.
b) Resolve-las convocatorias e concursos para a provisión dos postos de traballo de libre designación.
c) Contratar e despedir ó persoal laboral da Corporación e asignar ó mesmo ós distintos postos de carácter laboral previstos nas correspondentes relacións aprobadas pola Corporación, de acordo coa lexislación laboral.
d) Nomear e cesar ó persoal interino e eventual nos térmos previstos na lexislación vixente.
e) Ordear a instrucción de expedientes disciplinarios e apercibir e suspender preventivamente a toda clase de persoal.
f) Premiar e sancionar a todo o persoal da Corporación, salvo que a sanción consista na separación do servizo ou o despido do persoal laboral. Para os funcionarios de habilitación nacional estarase ó disposto nos artículos 99.4 dla Lei 7/1985, de 2 de abril, e 151 do Real Decreto lexislativo 781/198ó, de 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local.
g) A declaración de situacións administrativas, así como a xubilación de todo o persoal.
h) A asignación individualizada do complemento de productividade e das gratificacións, conforme ás normas estatais reguladoras das retribucións do persoal ó servizo das Corporacións Locais.

15. Exerce-la xefatura directa da Policia Municipal, así como o nomeamento e sanción dos funcionarios que usen armas.
16. Forma-los proxectos de Orzamentos coa antelación necesaria para que poidan ser aprobados polo Concello dentro do prazo sinalado.
17. Dispor gastos dentro dos límites da súa competencia e os expresamente previstos nas bases de execución do Orzamento, ordear tódolos pagos que se efectúen con fondos municipais e autoriza-los documentos que impliquen formalización de ingresos con Depositaría.
18. Desenrola-la xestión económica municipal conforme o Orzamento aprobado e rendir contas á Corporación das operacións efectuadas en cada exercicio económico.
19. Organiza-los servicios de Recadación e Tesorería, sen perxuizo da facultade do Pleno para aproba-las formas de xestión de estos servicios.
20. Conservar no seu poder unha das tres chaves da arca de caudais e asistir ós arqueos ordinarios e extraordinarios.
21. Aproba-las facturas que correspondan ó desenrolo normal do Orzamento e que foran recibidas polos Servicios de Intervención.
22. Exercitar accións xudiciais e administrativas en caso de urxencia, dando conta ó Pleno na primeira sesión que celebre.
23. Sancionar as faltas de obediencia á súa autoridade ou por infracción das Ordenanzas Municipais, salvo nos casos en que tal facultade esté atribuida a outros órganos.
24. Adoptar persoalmente, e baixo a súa responsabilidade en caso de catástrofe ou infortunio públicos ou grave risco dos mesmos, as medidas necesarias e adecuadas, dando conta inmediata ó Pleno.
25. Publicar, executar e facer cumpli-los acordos do Concello."

É na Alcaldía, donde se tratan os asuntos que se deben debatir nos Plenos, ou os que se tratan nas distintas Comisións. Tamén é o lugar donde o Alcalde recibe ós seus conveciños, ou os que non o son pero que necesitan tratar casos e cousas que afecten ó Concello ou ó Término Municipal.
Normalmente o Alcalde recibe todo-l días a aqueles que teñan interese en falar con él, exceptuando aqueles días que, por motivos da súa responsabilidade, se tenña que ausentar para xestionar asuntos noutras administracións ou que xire visita ás distintas parroquias ou lugares do Municipio.En todo caso sempre está a disposición do cidadan.