Acreditación de competencias

Convocatoria, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, o procedemento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación, para un total de 2.110 prazas nas unidades de competencia das cualificacións profesionais de:

– Atención socio sanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 598 prazas.

– Atención socio sanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 562 prazas.

– Servizos para o control de pragas (SEA028_2): 50 prazas.

– Xestión de servizos para o control de organismos nocivos (SEA251_3): 50 prazas.

– Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 200 prazas.

– Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 300 prazas.

– Información xuvenil (SSC567_3): 50 prazas.

– Extinción de incendios e salvamento (SEA129_2): 100 prazas.

– Transporte sanitario (SAN025_2): 200 prazas.

Requisitos de participación no procedemento

1. As persoas que desexen participar no procedemento deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Posuír a nacionalidade española; encontrarse incluído, como residente comunitario ou familiar deste, no ámbito de aplicación do Real decreto 240/2007, do 16 de febreiro, sobre entrada, libre circulación e residencia en España de cidadáns da UE; ou ser titular dunha autorización de residencia en España en vigor.

b) Ter 20 anos cumpridos no momento de realizar a inscrición.

c) Ter experiencia laboral e/ou formación non formal relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar:

c.1) No caso de experiencia laboral: para as unidades de competencia das cualificacións de nivel 2 e 3, xustificar polo menos tres anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total nos últimos 10 anos, transcorridos antes de realizarse a convocatoria.

c.2) No caso de formación non formal: para as unidades de competencia das cualificacións de nivel 2 e 3, xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos transcorridos antes de realizarse a convocatoria. Naqueles módulos formativos asociados á unidade de competencia que se pretende acreditar que consideren unha duración inferior, deberanse acreditar as horas establecidas nestes.

d) Non estar matriculado nun curso de formación profesional inicial (ordinario ou modular) ou non estar, no momento da inscrición, realizando formación profesional para o emprego, conducente á acreditación das unidades de competencia que solicita. Non posuír ou estar en condicións de obter un título de formación profesional ou un certificado de profesionalidade que conteña a/s unidade/s de competencia que solicita, nin as súas equivalentes ou a acreditación parcial da/s unidade/s de competencia que solicita. Non estar inscrito noutro procedemento de recoñecemento da experiencia profesional ou nas probas libres para a obtención do título de formación profesional, levado a cabo por calquera administración ou organismo público, conducente á acreditación das mesmas unidades de competencia.

2. As persoas candidatas, maiores de 25 anos, que reúnan os requisitos de experiencia laboral ou de formación indicados no punto anterior, e que non os poidan xustificar mediante os documentos sinalados na base 6 desta resolución, poderán solicitar a súa inscrición provisional no procedemento. Deberán presentar xustificación mediante algunha proba admitida en dereito da súa experiencia laboral ou aprendizaxes non formais de formación. A Dirección Xeral de Emprego e Formación estudará estes casos e decidirá sobre a procedencia ou non da participación da persoa candidata no procedemento.

 

Solicitude e documentación xustificativa dos requisitos exixidos

1. As persoas interesadas en inscribirse nas cualificacións profesionais obxecto desta convocatoria deberán presentar a solicitude no modelo que figura no anexo III desta resolución.

2. As persoas inscritas en anteriores convocatorias da Consellería de Traballo e Benestar nas cualificacións profesionais recollidas nesta convocatoria, deberán presentar obrigatoriamente solicitude de inscrición segundo o modelo que figura como anexo III desta resolución. Non terán que achegar a documentación presentada anteriormente e poderán actualizar a experiencia laboral e as aprendizaxes non formais.