6ª convocatoria del Programa ARGO está disponible.

Prazo.  Dende o 21/11/2014 ata o 31/12/2016

Requisitos:

- Titulados universitarios, españois e estranxeiros menores de 35 anos, con residencia legal en España e que obtivesen nos tres últimos anos unha titulación oficial nunha universidade española.

-Non poderán participar os titulados de Master ou outro tipo de estudos de posgrao que non obtivesen o título previo a estes estudos nunha universidade española

- Estar en disposición, no momento da presentación da solicitude, dunha das seguintes titulacións oficiais: Licenciado, Enxeñeiro, Arquitecto, Enxeñeiro técnico, Arquitecto técnico, Diplomado, Graduado ou Master Universitario e demostrar coñecementos do idioma do país ou países solicitados

- Cumprir cos requisitos de entrada e estancia, esixidos nos países de destino previamente á súa incorporación

- Non ser beneficiarios con anterioridade dunha bolsa de Mobilidade (Argo, Faro, Integrants), ou calquera outra axuda financiada por Ministerio de Educación, Cultura e Deporte co mesmo obxecto ou finalidade.

- Os titulados doutro tipo de Ensinos Superiores como son as impartidas nos Conservatorios Superiores de Música ou as Escolas de Artes, os denominados títulos propios ou títulos universitarios ou homologacións de títulos obtidos noutros países, non serán susceptibles de participar nesta convocatoria

 

Duración estancia:

- A duración das estancias será dun mínimo de 5 e un máximo de 8 meses
- As empresas ou entidades de acollida deberán ter a súa sede en países de Europa, Estados Unidos e Canadá, aínda que igualmente poderán realizarse ditas prácticas en entidades e empresas españolas ou multinacionais con sede en Asia e Oceanía

As axudas incluirán:

-       gastos de manutención e estancia (as dotacións económicas da axuda por país en detállanse € no Anexo I da convocatoria). Pola súa banda as empresas poden asignar ao beneficiario de modo voluntario unha bolsa de axuda complementaria

-       viaxe de ida e volta ao país de destino

-       custos de xestión e tramitación do visado

-       póliza de seguros,que cobre seguro sanitario, de accidentes, responsabilidade civil e asistencia en viaxe

-       os custos das cotas á seguridade social durante a totalidade da estancia

 

Mais información: www.becasargo.es

Rexistro: os titulados de universidades españolas que queiran ser beneficiarios destas axudas terán que rexistrarse aquí