2023 BANDO PRESENTACIÓN PIE

2023 bando pie asin

PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO (PIE)

 

Don Xosé Manuel Fernández Abraldes, Alcalde-Presidente do Concello de Barro, fai saber:

 

Que os concellos de Barro, Calda de Reis, Cuntis, Moraña e Portas puxemos en marcha de forma conxunta un novo Programa Integrado de Emprego (PIE), cofinanciado pola Xunta de Galicia e o Servizo de Emprego Estatal.

 

Nos proxectos precedentes conseguiuse unha alta porcentaxe de colocación das persoas participantes no programa de emprego, polo que participar nestes proxectos é unha boa oportunidade para aquelas persoas que estean buscando incorporarse ao mundo laboral.

 

No PIE que se está a poñer en marcha para este ano aínda hai prazas dispoñibles para persoas menores de 30 anos dalgún dos cinco concellos que formamos parte do proxecto.

 

Ademais do asesoramento especializado para a búsqueda de emprego, neste programa tamén se van levar a cabo diferentes cursos e prácticas en empresas da contorna. Todas as persoas participantes no programa perciben unha axuda económica pola asistencia ás distintas accións nas que participen.

 

Se tes menos de 30 anos e estás desempregado/a, podes poñerte en contacto co persoal técnico do programa nos seguintes teléfonos: 653164630, 698152871, e 675024403.

 

O Alcalde. Asdo. Xosé Manuel Fernández Abraldes.