20 bolsas de estudo para alumnos da Escola deCanteiros

Escola deCanteiros de Pontevedra para o ano 2014.

Prazo:

Os aspirantes presentarán no Rexistro Xeral da Deputación Provincial, solicitude dirixida ó Ilmo.Sr. Presidente, no prazo comprendido entre a publicación desta convocatoria no BOP ata o 15 de Decembro do 2014.

Documentación:
a) Certificación de cualificacións obtidas nos últimos estudos, tanto os efectuados na propia Escola de Canteiros, coma calquera outro Centro de Ensinanza.
b) Fotocopia da última declaración de Renda da unidade familiar ou certificación de haberes dos pais expedida polo Centro ou Empresa na que presten Servizos se non se fixesen declaración
de Renda, que poderá substituirse por declaración xurada se traballan por conta propia e non efectuaron declaración de Renda.
c) Fotocopia do Libro de Familia para acreditar o número de membros que a compoñen.

Se a solicitude non reune os requisitos esixidos na presente convocatoria, a Comisión deValoración requerirá ó interesado para que ó subsane no prazo de 10 días hábiles, indicándolle que se non o fixera teráselle por desestido da súa solicitude.

Dotación:

As bolsas terán unha dotación económica de 1.000,00 € cada unha, ascendendo o importe total das mesmas á cantidade de 20.000,00 €, que se financiarán con cargo á aplicación orzamentaria 2014/32.—32.—481.00, non podendo superarse dito importe, a non ser que se aumentase ó crédito existente.

http://www.bop.depo.es/bop.PONTEVEDRA/2014/bop.PONTEVEDRA.20140925.185.pdf