20 becas para a formación de titulados superiores no Instituto Geográfico Nacional.

Prazo: 30/09/2011

Duración:12 meses, prorrogables ata 36 meses
-Estar en posesión do Título de Grao, Licenciado, Enxeñeiro ou Arquitecto esixido na convocatoria, ou acreditar o aboamento dos dereitos para a súa expedición, antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes. Os Enxeñeiros Superiores poderán presentar certificación de ter cursadas todas as materias da titulación e que tan só teñen pendente a realización do proxecto fin de carreira. En caso de que na titulación presentada como principal só se cursase o segundo ciclo, deberá acompañarse, para a súa valoración, a titulación que permitiu o acceso a aquela. Titulacións preferentes:Ciencias Físicas, Ing. Telecomunicación, Ing. Electrónico, Ing. Geodesía e Cartografía, Ing. en Informática, Matemáticas, Ciencias Físicas e Enxeñarías Técnicas Superiores, segundo área de coñecemento
- Ter finalizado os estudos, e estar en condicións de obter o correspondente Título nos tres anos inmediatamente anteriores á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. Consultar as excepcións en BOE
- Non superar os 35 anos de idade ao final do prazo de presentación das solicitudes.
Mais información na OMIX de Barro, na páxina web www.ign.es.  ou no BOE 10-09-2011