15 N DIA MUNDIAL SEN ALCOL

cartel tipos consumo jpg

15 DE NOVEMBRO DE 2020: DÍA MUNDIAL SEN ALCOL.

O 15 de Novembro conmemórase en todo o mundo o Día Mundial sen alcol. Neste momento que estamos a vivir, debemos darlle maior prioridade se cabe á saúde pública e individual. Para iso dende os concellos de Cuntis, Barro, Campo Lameiro, Moraña e Portas, a través do Proxecto de prevención das condutas adictivas queremos sumarnos á OMS para levar a cabo, o 15 de novembro, unha campaña de sensibilización sobre os riscos do consumo de alcol en menores e sobre os riscos do consumo abusivo na poboación xeral dos cinco concellos antes sinalados.