Axudas

Axudas

Este Concello contribúe á asignación de apoio económico para persoas en determinadas situacións de necesidade, se cumpren os criterios específicos de cada subvención.

Algunhas das entidades involucradas nestas axudas son: Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado e a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, así como a Deputación Provincial.

Poden solicitarse a través dos Servizos Sociais do Concello, e mesmo de forma completamente telemática na sede electrónica.